ENSINO
Venres 15 de setembro do 2006
Logo do comezo do curso en Infantil e Primaria, os centros de Secundaria do concello botarán a andar o vindeiro luns, 18 de setembro. O gasto do Concello de Carballo en reparación e conservación de escolas sitúase, no ano 2006, na media dos últimos exercicios, lixeiramente superior aos 70.000 euros. Ademáis, existe unha partida de inversión nos colexios de 40.000 euros para 2006. A inversión global desde o ano 2003 foi superior aos 300.000 euros, con importantes actuacións nos diferentes centros de ensino na localidade.
ENSINO
Xoves 14 de setembro do 2006
Este venres, 15 de setembro, remata o segundo prazo de preinscripción e matrícula na Escola Oficial de Idiomas de Carballo, para os alumnos que queiran matricularse en primeiro por primeira vez. O sorteo de publicación da listaxe do alumnado preinscrito que pode matricularse publicarase o 21 de setembro e entre o 29 de setembro e 5 de outubro matricularanse ditos alumnos.
CULTURA
Xoves 14 de setembro do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, será o encargado de inaugurar este xoves, 14 de setembro, a exposición Imaxes do RC Deportivo da Coruña, na sala de exposicións do Pazo da Cultura. A mostra está composta por unha variada gama de fotografías de xogadores e entrenadores do Deportivo da Coruña, e poderá visitarse até o día 5 de outubro.
TRÁFICO
Xoves 14 de setembro do 2006
O Concello de Carballo ven de comezar a sinalización das novas prazas de aparcamento limitado na rúa Gran Vía. O obxecto desta medida é o de dar resposta á demanda de prazas de estacionamento no centro do casco urbano e atender, á vez, as solicitudes dos comerciantes. Na actualidade, a zona azul funciona en varias zonas do entorno da Praza do Concello, incluida parte da rúa Gran Vía.
LITORAL
Mércores 13 de setembro do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manterá o vindeiro venres unha xuntanza co Vicepresidente da Xunta de Galicia e o Conselleiro de Medio Ambiente para xestionar a rede de saneamento integral en Razo. A intención do goberno municipal é a de iniciar as conversas para que o litoral esté saneado, en base a un proxecto superior en contía a 1.300.000 euros.
URBANISMO
Mércores 13 de setembro do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, ven de convocar para o vindeiro venres, 15 de setembro, a partir das 13,00 horas, a mesa de contratación do aparcamento soterrado e o novo edificio comercial da praza do Concello. A xuntanza servirá para examinar a única proposta presentada ao proxecto, por parte da Unión Temporal de Empresas formada por Construcciones Aldesa, de Madrid, e Inversiones Benal, de A Coruña. A viabilidade da actuación depende de que a oferta se axuste aos requisitos do prego de condicións.
OBRAS
Martes 12 de setembro do 2006
As obras do proxecto básico e de execución de Acondicionamento do complexo do local social de Berdillo, nas súas tres fases, veñen de ser adxudicadas por importe de 232.913’92 euros. A adxudicación das obras sucede á sinatura do convenio de cooperación cultural entre a Xunta de Galicia e o Concello de Carballo, polo que a Consellería de Cultura achegará a cantidade de 115.843 euros ao Concello para os traballos.
MEDIO RURAL
Martes 12 de setembro do 2006
Con motivo da aprobación, pola Xunta de Galicia, do Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, a consellería de Medio Rural iniciará o vindeiro día 19 de setembro unha serie de charlas informativas nas parroquias do concello de Carballo para a súa aplicación. Serán en total seis actos noutras tantas parroquias do término municipal, dirixidas a poboacións concretas do concello. As charlas será impartidas por técnicos da consellería de Medio Rural.
CULTURA
Luns 11 de setembro do 2006
Rematada xa a época estival, a concellaría de Cultura do Concello de Carballo ven de dar a coñecer o novo horario dos equipamentos culturais do municipio, que comezan a funcionar a partir deste luns, 11 de setembro. As modificacións afectan á ludoteca, aula de informática, Pazo da Cultura, Museo Bergantiños e biblioteca.
ENSINO
Luns 11 de setembro do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a concelleira de Cultura e Ensino, Belén Lendoiro, e o concelleiro de Servizos e Mantemento, Luis Lamas, comezaron este luns unha rolda de visitas aos colexios do concello con motivo do comezo do curso escolar en Educación Infantil e Primaria. Os centros educativos nos que os representantes do goberno municipal estiveron foron o de Razo, Bergantiños, Fogar, Cristina e San Luis Romero. Mañán martes continuarán as visitas no colexio da Gándara-Sofán e ás Escolas Unitarias.
CULTURA
Venres 8 de setembro do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, estarán presentes este venres, 8 de setembro, na inauguración da exposición Xaquín Marín no Museo de Bergantiños. A mostra forma parte da programación de exposicións do Museo e Bergantiños para setembro de 2006 e contén arredor de 70 debuxos e algún lenzo que fan un percorrido pola extensa obra deste artista galego. Xaquín Marín tamén estará presente no acto de inaguración dunha exposición que poderá visitarse até o 30 de setembro.
LITORAL
Venres 8 de setembro do 2006
A unidade de salvamento acuático realizou un total de 168 atencións de botiquín nas praias de Razo e Baldaio durante o pasado mes de agosto. O maior parte de incidencias tivo lugar no areal de Razo, cun total de 97 intervencións, mentres que na praia de Baldaio leváronse a cabo as outras 71. O número de atencións baixou notablemente en relación ao mes de xullo, no que se practicaron un total de 234. Foron entón 151 intervencións en Razo e 83 en Baldaio.