DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Venres 17 de novembro do 2006
Os alcaldes dos Concellos de Carballo, Coristanco, Laracha, Malpica e Ponteceso mantiveron este venres unha xuntanza en Buño, co obxectivo de presentar os pasos a dar para o deseño dunha estratexia que plasme a candidatura conxunta destes cinco concellos do Plan de Dinamización Comarcal, de cara á súa integración no proxecto de sustentabilidade da Consellería de Medio Ambiente. Os rexedores locais presentaron as liñas básicas da iniciativa, de cara a formalizar a petición de Vilas Sustentables desde un ámbito comarcalizador.
CULTURA
Xoves 16 de novembro do 2006
A partir deste venres, 17 de novembro, poderán retirarse as entradas para a ópera Bastián e Bastiana, prevista para o día 26 e incluida na programación do Novembro con Música do Concello de Carballo. Debido á expectación xerada e ao interese detectado no público, a Concellaría de Cultura porá a disposición dos interesados as entradas no Museo de Bergantiños, podendo retirarse 4 entradas por persoa como máximo. As entradas son gratuitas.
DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Xoves 16 de novembro do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, participa este venres, 17 de novembro, dunha nova xuntanza en Buño, xunto cos rexedores de Malpica, Laracha, Coristanco e Ponteceso, para comezar a definir o proxecto de sostibilidade que promove a Consellería de Medio Ambiente. Esta reunión sucede a outra mantida, no pasado mes de agosto, co director xeral de Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, Emilio Manuel Fernández, nas que se acordou a incorporación dos concellos de Coristanco e Ponteceso, ademáis doutra das mesmas características cos alcaldes de Malpica e Laracha. A xuntanza de mañán está prevista para as 10,00 horas.
EDUCACIÓN
Xoves 16 de novembro do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o delegado provincial da Consellería de Educación, Pedro Armas, mantiveron esta mañán unha xuntanza na que o rexedor local plantexou a necesidade de que a Escola Oficial de Idiomas de Carballo conte cun código propio, é dicir, que non sexa dependente da Escola de Idiomas de A Coruña. Foi un dos asuntos que se abordaron na reunión, na que tamén se plantexou a posibilidade de que a Escola de Idiomas de Carballo conte cun edificio propio, asuntos que serán valorados e sopesados en próximas datas.
MULLER
Mércores 15 de novembro do 2006
O Pazo da Cultura acolle este mércores, 15 de novembro, a clausura do Curso de Atención á Infancia, organizado pola Concellería de Muller e o Centro de Información á Muller, en colaboración co Servicio Galego de Igualdade e con axuda do Fondo Social Europeo. O acto esa previsto para as 20,00 horas. O curso constou de 200 horas e participaron do mesmo 20 mulleres.
ENSINO
Mércores 15 de novembro do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o delegado provincial de Educación, Pedro Armas, celebran este xoves en A Coruña unha xuntanza para comentar diferentes aspectos relacionados co sistema educativo de Carballo. A reunión está prevista para as 13,00 horas e na mesma abordaranse, entre outros asuntos, temas relacionados coa Escola Oficial de Idiomas de Carballo.
CULTURA
Mércores 15 de novembro do 2006
O Novembro con Música do Concello de Carballo achegará esta fin de semana catro novos concertos ao Pazo da Cultura, dirixidos a diferentes públicos de todas as idades. A Big Band do Conservatorio Profesional de Música de Carballo será a encargada de abrir os concertos o venres 17, a partir das 21,00 horas.
LINGUA
Martes 14 de novembro do 2006
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo organiza un obradoiro de lingua e sociedade, chamado Máis Alá!, dirixido a rapazas e rapaces dos institutos para traballar nel, a partir do debate, a participación e a reflexión, aspectos sociolingüísticos, a diversidade lingüística e cultural como riqueza social, a creatividade, a identidade, etc. Os Obradoiros Máis Alá! son unha actividade extraescolar sobre unha materia moi seria que se pode traballar de xeito divertido, atractivo e participativo: a situación social da lingua galega.
CULTURA
Martes 14 de novembro do 2006
O Concello de Carballo acolleu o pasado sábado a presentación da segunda edición do programa Aprender para educar, destinado a pais e nais, que se inaugurará o vindeiro venres, 17 de novembro, no Pazo da Cultura. A presentación contou coa presenza do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a concelleira de Ensino, Cultura e Normalización Lingüística, Belén Lendoiro, e a vicepresidenta da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, María Xosé Bravo. O encargado de asinar o acto inaugural do programa será o escritor Federico Martín Nebras, especialista en literatura infantil e recoñecido contador de historias no mundo hispanoamericano.
EMPREGO
Martes 14 de novembro do 2006
A delegada provincial de Traballo, María Debén, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinnaron este martes na delegración provincial da Consellería de Traballo as bases para a selección de alumnos e persoal do obradoiro de emprego Oficios>25, un programa de emprego e formación subvencionado pola Consellería de Traballo e promovido polo Concello de Carballo. As especialidades a impartir serán as de albanel, pintor e carpinteiro e as actuacións a realizar serán as de continuar as obras de construcción do futuro Centro de Formación Municipal.
TURISMO
Luns 13 de novembro do 2006
Logo do remate do resparto dos 25.000 exemplares do novo rueiro de Carballo, realizado nestes últimos días en comercios e establecementos da localidade, o Concello iniciará a inmediata revisión dos restantes 25.000. As persoas interesadas en facer algunha suxestión para incluir na modificación, de cara a mellorar a súa información, poderán dirixirse á Oficina de Turismo existente no Museo de Bergantiños.
CONVOCATORIA
Luns 13 de novembro do 2006
A Xunta de Goberno Local celeboru este luns unha nova sesión ordinaria na Sala de Xuntas da Casa do Concello, na que se proceu á aprobación das certificacións cuarta e última da obra ‘Beirarrúas en Xoane, parroquia de Goiáns’, a primeira da obra ‘Rede de saneamento en Espiño e Ramil’ e a única da obra ‘Afrimado de camiños en Berreiros e Xoane’. A primeira adxudicouse por importe de 39.569,77 euros, a segunda por 39.787,26 euros e a terceira por 53.000 euros.