MULLER
Xoves 23 de novembro do 2006
A Delegada Provincial de Igualdade e do Benestar, Tereixa Novo, foi a encargada de inaugurar a Feira das Asocaicións que, desde as once da mañán e ata as sete da tarde, se pode visitar na Praza do Concello. Vintetres asociacións que traballan con e para a muller -cinco máis que na edición do pasado exercicio- participan da iniciativa, que organizan o Concello de Carballo e o Centro de Información á Muller. A Feira das Asociacións está enmarcada dentro das actividades deseñadas polo Concello co gallo da celebración, o 25 de novembro, do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.
CONVOCATORIA
Mércores 22 de novembro do 2006
Este mércores, 22 de novembro, celebraranse as comisións informativas de Acción Social, Participación e Persoal e de Urbanismo e Desenvolvemento, previas á sesión plenaria ordinaria do vindeiro luns. A comisión informativa de Acción Social, Participación e Pesoal comeza ás 18,30 horas, mentres que a de Urbanismo e Desenvolvemento está prevista para as 18,45 horas.
CARBALLO LIMPO
Mércores 22 de novembro do 2006
O Polígono Industrial de Bértoa conta xa con recollida selectiva de papel, unha nova acción da campaña Carballo Limpo do Concello de Carballo. O servizo entrou en funcionamento coa colocación de cinco colectores de iglú, destinados á reciclaxe de papel de oficina, ampliando así a recollida que se fai no Punto Limpo e á recollida de cartón.
MULLER
Mércores 22 de novembro do 2006
Ao redor dunha vintena de asociacións que traballan con e para a muller participan este xoves, 23 de novembro, na Feira das Asociacións que organizan o Concello de Carballo e o Centro de Información á Muller. A Feira das Asociacións está enmarcada dentro das actividades deseñadas polo Concello co gallo da celebración, o 25 de novembro, do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller. O acto de inauguración correrá a acargo da delegada provincial de Igualdade e do Benestar, Tereixa Novo.
CULTURA
Martes 21 de novembro do 2006
O mundo na túa cabeza ¿estás seguro do que ves é o nome da nova exposición que, desde o mércores 22 de novembro, acollerá a Sala de Exposicións do Pazo da Cultura. Trátase dunha mostra didáctica, enmarcada dentro do programa A Culturaeduca do Concello de Carballo e a Semana da Ciencia 2006, organizada pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. Está dirixida a todos os públicos e centros de educación de Bergantiños a partir de 9 anos, e poderá visitarse até o 8 de decembro.
CONVENIO
Martes 21 de novembro do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez López, asinaron este mércores, no Salón de Plenos do Concello de Carballo, un convenio para a construcción e equipamento da nave I da Casa dos Oficios. Caixa Galicia, a través da súa Obra Social, destina ao centro un orzamento de 300.000 euros. No acto estiveron presentes representates do mundo político e empresarial de Carballo. Con anterioridade ao mesmo, José Luis Méndez asinou no Libro de Honra do Concello de Carballo.
CULTURA
Luns 20 de novembro do 2006
A representación teatral Silencio, cerebro, acción, da compañía galega Buratini abre este martes, 21 de novembro, os actos enmarcados dentro da programación de A Culturaeduca do Concello de Carballo, un programa de oferta cultural na escola. O espectáculo está dirixido a nenos de 9 a 11 anos e desenvolverase no Pazo da Cultura.
CULTURA
Luns 20 de novembro do 2006
O Novembro con Música do Concello de Carballo achegará esta semana cinco novos concertos ao Pazo da Cultura, dirixidos a diferentes públicos de todas as idades. As actuacións comezarán este mércores, cun concerto didáctico dirixido aos alumnos de 5º e 6º de Primaria de Carballo, a cargo do Grupo de Metais Santa Cecilia. Este concerto, a celebrar ás 10,15 e 11,45 horas, está incluído, ademais, no programa A Culturaeduca do Concello de Carballo. Tamén entre semana, o xoves, a Orquestra de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela ofrecerá un concerto a partir das 20,30 horas.
CONVOCATORIA
Luns 20 de novembro do 2006
Este martes, 21 de novembro, o Concello de Carballo e Caixa Galicia asinarán un convenio para a construcción e equipamento do edificio principal da Casa dos Oficios. O acto terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Carballo, a partir das 12,30 horas, e no mesmo participan o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e José Luis Méndez López, director xeral de Caixa Galicia. Caixa Galicia, a través da súa Obra Social, destinará ao centro un orzamento de 300.000 euros.
CULTURA
Venres 17 de novembro do 2006
A sala de exposicións do Pazo da Cultura acolle, desde este venres 17 até o vindeiro 30 de novembro, a exposición Manuel María, a palabra viva. A mostra está integrada por 25 paneis que percorren a personalidade e a obra literaria do escritor Manuel María, desde a súa biografía até poemas íntimos e cancións de amor, entre outros.
EMPREGO
Venres 17 de novembro do 2006
A Delegación Provincial da Consellería de Traballo ven de comunicar a concesión dunha subvención para a contratación de dous oficiais para a Brigada de Medio Ambiente. A duración dos contratos será de 9 meses e, para poder ser seleccionados, os aspirantes deben ser desempregados e estar inscritos na Oficina de Emprego.
MEDIO AMBIENTE
Venres 17 de novembro do 2006
Este sábado, 18 de novembro, a coordenación do Proxecto Ríos realizará unha saída formativa na que mostrará aos participantes a metodoloxía do proxecto cun percorrido, pola mañá, no río Bardoso. Na saída, logo de facer un pequeno esquema do treito elexido, cumplimentaranse as fichas de inspección, e realizarase un estudo do ecosistema acuático tanto dende un punto de vista bioloxico como físico-químico. Os datos recollidos servirán para realizar un informe anual do estado de saúde dos ríos galegos. As persoas que queiran sumarse a esta iniciativa de ADEGA, apoiada polo Concello de Carballo, aínda poden facelo. A saída seá dende o Concello ás 10:30 horas, e dende alí irase ao rio Bardoso, na parroqua de Artes, no Lugar do Forno, na estrada Carballo-Ordes.