FELICITACIÓN
O Concello deséxavos un feliz 2007
Venres 29 de decembro do 2006
O Concello de Carballo quere desexar un feliz 2007 a todos os veciños/as e lectores da web.
Inicio Carballo ao día Hemeroteca
Venres 29 de decembro do 2006
O Concello de Carballo quere desexar un feliz 2007 a todos os veciños/as e lectores da web.
Venres 29 de decembro do 2006
A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Secretaría Xeral do Benestar e a Dirección Xeral de Acción Social, ven de ampliar o prazo de presentación de solicitudes para os maiores do concello que queran participar no Programa de Termalismo Social do Imserso, para as quendas dos meses de febreiro a agosto. O prazo remataba hoxe venres, 29 de decembro, aínda que agora é ampliado até o 15 de xaneiro de 2007. Os interesados que non dispoñan das solicitudes, xa remitidas polo Imserso ao domicilio dos solicitantes do ano pasado, poden recollelas nos Servizos Sociais do Concello de Carballo. Tamén poden descargarse os modelos na páxina do Programa de Termalismo Social, onde pode ampliarse a información desta iniciativa.
Venres 29 de decembro do 2006
A Casa do Concello acolle este venres, 29 de decembro, a entrega das axudas para os desprazamentos que concede o Padroado Deportivo Municipal ás entidades deportivas de Carballo. O acto comezará ás 20,00 horas. A Asociación Deportiva Xiria e o Bergantiños recibirán as cantidades máis elevadas, sendo de 7.100 euros a aportación para os primeiros e de 4.800 euros para os segundos. O Padroado Deportivo Municipal destina en axudas ás entidades deportivas de Carballo un total de 24.000 euros.
Xoves 28 de decembro do 2006
Un concerto infantil e un espectáculo de danza pecharán este xoves e o venres as actuacións previstas no Nadal Pequespectacular, integrado na programación do Nadal Cultural do Concello de Carballo. Talía Teatro e Christyan Magic foron os encargados de abrir este tipo de espectáculos destinados aos máis pequenos, con dúas actuacións celebradas ao longo desta semana no Pazo da Cultura. Hoxe será o turno da música e mañán da danza, co obxectivo de que os rapaces e rapazas do concello se acheguen á variedade cultural que lle ofrece a programación do Nadal Cultural
Xoves 28 de decembro do 2006
A Consellería de Vivenda e Solo ven de facer pública a Declaración de Impacto Ambiental do Proxecto Sectorial do polígono industrial de Bértoa, 1ª fase, tras ser remitida pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. A primeira fase do polígono industrial terá unha superficie de 730.000 metros cadrados e, con este trámite executado, só resta o informe da Dirección Xeral de Urbanismo para que o Proxecto Sectorial sexa aprobado definitivamente polo Consello da Xunta. A partir de aí poderase iniciar o proceso de expropiación dos terreos que non sexan adquiridos por mutuo acordo. Neste momento, a Consellería xa é titular de 250.000 metros cadrados do total do ámbito da actuación. Ademáis, este venres, 29 de decembro, desprazaranse a Carballo o delegado provincial e o xerente de Xestur para escriturar cerca de 100.000 metros cadrados máis, neste caso financiados polo Instituto Galego de Vivenda e Solo.
Mércores 27 de decembro do 2006
O Pazo da Cultura acolle este mércores, 27 de decembro, a inauguración da exposición do IX Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. No acto, previsto para as 20,30 horas, farase entrega dos premios aos gañadores desta edición. Ademáis destes, na inauguración da mostra estarán presentes a concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.
Mércores 27 de decembro do 2006
A corporación municipal de Carballo declarou deserto este martes, na sesión plenaria ordinaria do mes de decembro, o procedemento negociado con publicidade da concesión de obra pública para a construcción e explotación dun aparcadoiro soterrado e un edificio dotacional de carácter comercial na Praza do Concello. A adopción da medida fíxose por unanimidade de todas as formacións políticas do Concello. Foi este o punto da orde do día que requeriu máis tempo de debate no Salón de Plenos, prolongándose por espazo dunha hora.
Mércores 27 de decembro do 2006
O Pazo da Cultura acolleu o acto de apertura do Obradoiro de Emprego Oficios>25, un programa de emprego e formación subvencionado pola Consellería de Traballo e promovido polo Concello de Carballo. As especialidades a impartir serán as de albanel, pintor e carpinteiro e as actuacións a realizar serán as de continuar as obras de construcción do futuro Centro de Formación Municipal. No acto participaron o director xeral de Formación e Colocación, Pastor Fuenteseca, o concelleiro de Participación Veciñal, Emprego e Promoción Económica, Manuel Trigo, o director provincial do INEM, José Manuel Pose Mesura, o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. A delegada provincial de Traballo, María Debén, non puido acudir, como estaba previsto, debido a outro compromiso.
Martes 26 de decembro do 2006
A Xunta de Goberno Local procedeu á concesión, na xuntanza celebrada este luns, de dúas licenzas de obra para a construcción de dúas vivendas unifamiliares nos lugares de Guntián e Sofán. Ademáis, concedeuse a licenza para a construcción da 3ª fase dun edificio de 19 vivendas na rúa Vila de Negreira.
Martes 26 de decembro do 2006
A corporación municipal de Carballo declarará deserto este martes, na sesión plenaria ordinaria do mes de decembro, o procedemento negociado con publicidade da concesión de obra pública para a construcción e explotación dun aparcadoiro soterrado e un edificio dotacional de carácter comercial na Praza do Concello. A adopción da medida ten lugar logo da proposta da mesa de contratación, por unanimidade dos seus membros, de declarar deserto o procedemento logo de analizar a única proposta presentada pola UTE Benal-Aldesa.
Martes 26 de decembro do 2006
O Pazo da Cultura acolle este mércores, 27 de decembro, a partir das 12,00 horas, o acto de apertura do Obradoiro de Emprego Oficios>25, un programa de emprego e formación subvencionado pola Consellería de Traballo e promovido polo Concello de Carballo. As especialidades a impartir serán as de albanel, pintor e carpinteiro e as actuacións a realizar serán as de continuar as obras de construcción do futuro Centro de Formación Municipal. No acto participarán a delegada provincial de Traballo, María Debén, o director provincial do INEM, José Manuel Pose Mesura, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.
Venres 22 de decembro do 2006
O Concello de Carballo recibiu o convenio asinado co IMSERSO e coa Fundación ONCE para executar un proxecto de obras de accesibilidade e de cooperación e integración social de persoas con discapacidade. O convenio levarase á próxima Xunta de Goberno Local para a súa aprobación e o orzamento do proxecto ascende a 118.775,99 euros.