Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
A Xunta de Goberno Local reúnese en sesión ordinaria o vindeiro luns

CONVOCATORIA

A Xunta de Goberno Local reúnese en sesión ordinaria o vindeiro luns

Venres 5 de xaneiro do 2007

A Xunta de Goberno Local celebrará o vindeiro luns, 8 de xaneiro, unha nova sesión ordinaria na Casa do Concello, a partir das 13,30 horas. Na orde do día figura a concesión de licenzas para o proxecto de execución dun edificio de 6 vivendas na rúa Gran Vía, a construcción dun edificio de 8 vivendas na rúa Rosas, a dun edificio de 4 vivendas na avenida das Flores e doutro na rúa do Sol. Igualmente, debatirase a concesión dunha licenza para a construcción dunha vivenda unifamiliar en Queo de Abaixo, na parroquia de Bértoa.

Os Reis Magos chegan a Carballo

CULTURA

Os Reis Magos chegan a Carballo

Venres 5 de xaneiro do 2007

Este venres, 5 de xaneiro, Carballo recibe a tradicional visita dos Reis Magos, cunha cabalgata que encherá de cor as rúas do concello e onde os máis pequenos serán os verdadeiros protagonistas. A Cabalgata comezará coa chegada dos Reis ao Centro Comercial Bergantiños-Haley, ás 17,45 horas en coches descapotables, onde saudarán aos nenos e nenas antes de subir ás carrozas. A saída do Centro Comercial está prevista para as 18,00 horas e a chegada á Praza do Concello contra as 20,00 horas. O Centro Comercial Bergantiños-Haley colaborará coa cabalgata regalando, ademáis dos caramelos, 3000 agasallos que se distribuirán entre os asistentes.

Preto de 8000 persoas visitaron a pista de xeo durante o mes de decembro

LECER

Preto de 8000 persoas visitaron a pista de xeo durante o mes de decembro

Xoves 4 de xaneiro do 2007

A pista de xeo instalada no aparcamento do San Martiño estase a converter nun punto de referencia para o lecer nestas datas de nadal. Preto de 8.000 persoas acudiron a patinar durante o mes de decembro, unha cifra que, segundo manifestaron os responsables da iniciativa, supera as expectativas iniciais.

Tramitadas 1139 licenzas para a construcción de vivendas no ano 2006

VIVENDA

Tramitadas 1139 licenzas para a construcción de vivendas no ano 2006

Xoves 4 de xaneiro do 2007

Os datos arroxados no ano 2006, en relación á tramitación de licenzas para a construcción de vivendas en Carballo, segue a confirmar unha alza espectacular. No recentemente concluido exercicio tramitáronse licenzas para a construcción de bloques de edificios para 1.043 vivendas. Nas zonas de núcleos rurais tamén aumentaron as solicitudes de licenzas, cun total de 96 para vivendas unifamiliares. As cifras totais, no ano 2006, sitúanse en 1.139 vivendas no concello de Carballo.

Tramitadas 1.139 licenzas para a construción de vivendas no ano 2006

VIVENDA

Tramitadas 1.139 licenzas para a construción de vivendas no ano 2006

Xoves 4 de xaneiro do 2007

Os datos do ano 2006, en relación á tramitación de licenzas para a construción de vivendas en Carballo, segue a confirmar unha alza espectacular. No recentemente concluído exercicio tramitáronse licenzas para a construción de bloques de edificios para 1.043 vivendas. Nas zonas de núcleos rurais tamén aumentaron as solicitudes de licenzas, cun total de 96 para vivendas unifamiliares. As cifras totais, no ano 2006, sitúanse en 1.139 vivendas no concello de Carballo.

Tramitadas 23 licenzas para naves industrias no polígono de Bértoa en 2006

INDUSTRIA

Tramitadas 23 licenzas para naves industrias no polígono de Bértoa en 2006

Xoves 4 de xaneiro do 2007

A enorme demanda rexistrada no Polígono Industrial de Bértoa confirmouse no ano 2006, coa tramitación de licenzas para aperturas de actividades e construcción para 23 naves industriais. No ano 2005 tramitáranse 17 licenzas, dúas máis que en 2004, mentres que o número de licenzas para naves industriais fora de 7 no ano 2003. O Polígono Industrial de Bértoa conta cunha superficie edificable de aproximadamente 285.000 metros cadrados repartido en 128 parcelas. Na actualidade son 100 parcelas con naves industriais construidas, o que supón máis dun 85% de ocupación.

O Concello remitirá a Industria e Fenosa os últimos fallos no suministro

SUMINISTRO ELÉCTRICO

O Concello remitirá a Industria e Fenosa os últimos fallos no suministro

Mércores 3 de xaneiro do 2007

O Concello de Carballo porá en coñecemento da Delegación Provincial de Industria e Unión Fenosa os últimos fallos no suministro eléctrico detectados durante as pasadas festas de Nadal nas rúas Coruña, Martín Herrera e entorno da Praza de Galicia. Dase a circunstancia de que a rúa Coruña, xunto coas rúas Vázquez de Parga, Ponte da Pedra e Camiño Novo, xa fora un dos enclaves afectados no ano 2004 pola mesma situación.

A Xabaxira 2006 desembarca no Pazo da Cultura

CULTURA

A Xabaxira 2006 desembarca no Pazo da Cultura

Mércores 3 de xaneiro do 2007

A Xabaxira Nadal 06, do Xabarín Club, chega este mércores a Carballo para facer pasar un bo rato ao público infantil e xuvenil que dispón de invitación para acudir ao espectáculo. O Pazo da Cultura albergará un espectáculo único a partir das 18,00 horas, con conertos e bo humor mesturados coa presenza do xabarín máis famoso de Galicia.

O Grumir atendeu 37 emerxencias durante o mes de decembro

BALANCE MENSUAL

O Grumir atendeu 37 emerxencias durante o mes de decembro

Mércores 3 de xaneiro do 2007

O Grupo Municipal de Intervención Rápida de Carballo tivo que participar en 37 emerxencias durante o pasado mes de decembro, que arroxou un total de 158 intervencións. No tocante ás emerxencias, destacan en Carballo 20 por accidentes de tráfico e limpezas, 10 por limpeza de estradas, 2 incendios urbáns, unha excarceración, un incendio nun contenedor, un escape de gas e 2 anegamentos.

Os servizos económicos do Concello trasládanse ao terceiro andar

ECONOMÍA

Os servizos económicos do Concello trasládanse ao terceiro andar

Martes 2 de xaneiro do 2007

Os servizos económicos do Concello de Carballo fixeron efectivo o seu traslado ao terceiro andar da Casa do Concello. Ademais, nos próximos días está previsto o cambio do servizo de xestión tributaria ao cuarto andar. Os veciños e veciñas terán acceso directo a esta área coa utilización do novo ascensor do edificio do Concello.

Entra en funcionamento o terceiro xulgado de Carballo

XUSTIZA

Entra en funcionamento o terceiro xulgado de Carballo

Martes 2 de xaneiro do 2007

Coa entrada do novo ano comezou a funcionar en Carballo o terceiro xulgado, unha vella demanda que se fixo realidade no día de onte coa garda do inicio do ano. O novo órgano xudicial ocuparase dos mesmos asuntos que os dos xa existentes, o que permitirá unha redución da carga de traballo, aínda que un aumento do volume nas causas a atender na localidade. A creación do terceiro xulgado leva asociada a chegada dunha nova xuíza, un secretario e cinco funcionarios.

As Cabalgatas de Reis despedirán a programación do Nadal Cultural

CULTURA

As Cabalgatas de Reis despedirán a programación do Nadal Cultural

Martes 2 de xaneiro do 2007

As Cabalgatas de Reis, previstas para os días 5 e 6 de xaneiro, ademais dun par de concertos que se van celebrar en Berdillo e Carballo despedirán a vindeira semana a programación do Nadal Cultural do Concello de Carballo. O venres 5, a partir das 17.00 horas, está prevista a celebración da tradicional Cabalgata de Reis en Carballo, con saída no Centro Comercial Bergantiños-Haley e chegada, sobre as 20.00 horas, á Praza do Concello. Para ese día tamén está prevista a realización das cabalgatas en Berdillo, Bértoa, Sísamo e Baldaio.

Compartir: