OBRAS
Venres 19 de xaneiro do 2007
O Concello de Carballo ven de asinar un contrato coa empresa Ponciano Nieto para reanudar, este mesmo mes, as obras de ampliación da Ponte da Casilla. A actuación enmárcase dentro da reforma da Travesía Principal de Carballo e contempla un orzamento de 159.144,58 euros. As obras prolongarase por espazo de seis meses e serán financiadas pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte.
CONVOCATORIA
Venres 19 de xaneiro do 2007
A Xunta de Goberno Local celebrará o vindeiro luns, 22 de xaneiro, unha nova sesión ordinaria. Na orde do día figura a autorización de licenzas para a construcción de dous novos edificios en Carballo, de 18 e 10 vivendas nas rúas Xazmíns e Vila de Noia respectivamente. Ademáis, inclúese a aprobación do expediente de contratación da obra Supresión de barreiras arquitectónicas en edificios municipais - Escola Infantil As Landras, piscina Vila de Noia e piscina Carballo Calero, ademáis da adxudicación das obras Ececución de edificación destinada a Escola Taller de Carballo, Fase II, Nave 1, Completar e reparar as beirarrúas nas rúas Rosas, Mirtos, Amapola e Dalias e Afirmado de camiño Centeas-Oza.
CULTURA
Xoves 18 de xaneiro do 2007
A Fundación para el Desarrollo de la Formación en las Zonas Mineras del Carbón ofrece para este ano 2007 un programa de axudas e bolsas en zonas mineiras do carbón aos concellos do Plan da Minería do Carbón, nos que está incluido o Concello de Carballo. Este programa está formado polo programa de axudas para a realización de accións de formación dirixido a entidades xurídicas públicas ou privadas, que acrediten experiencia na realización de actividades de formación destinadas a traballadores desempregados para proporcionarlles unha cualificación técnica. O prazo de presentación de solicitudes remata o 16 de febreiro.
CULTURA
Xoves 18 de xaneiro do 2007
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, presentaron este xoves no Pazo da Cultura a programación dos Venres Culturais do Concello de Carballo, unha actividade a desenvolver até o mes de abril e que conta con 15 actuacións de música e teatro. As actuacións celebraranse no Pazo da Cultura e, nalgúsn casos, a oferta ampliarase a sábados ou domingos. O programa arranca este venres, 19 de xaneiro, cun concerto de Joao Afonso e Uxía a partir das 21,00 horas e con entrada libre. O sábado 20 o Coro Aires de Bergantiños, tamén a partir das 21,00 horas e con entrada libre, ofrece un concerto con motivo do seu XXI aniversario.
BALANCE ANUAL
Xoves 18 de xaneiro do 2007
O Servizo Municipal de Protección Civil de Carballo realizou durante o pasado ano un total de 2081 intervencións, 80 máis que no ano 2005 e a cifra máis elevada desde o ano 2000. Os datos puxéronse de manifesto na presentación do balance anual, ano no que estiveron presentes o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro de Persoal, Réxime Interior, Policía, Tráfico, Seguridade e Protección Civil, Ramón Eirís, e o responsable de Protección Civil en Carballo, Francisco Javier Souto. No acto púxose de manifesto, ademáis, a intención da crear un Plan de Emerxencia Municipal durante o ano 2007.
SEGURIDADE
Mércores 17 de xaneiro do 2007
A Xunta Local de Seguridade volverá a reunirse a principios do vindeiro mes de febreiro, co obxectivo de facer unha análise e valoración da seguridade cidadán en Carballo, cos datos correspondentes ao pasado exercicio. Na xuntanza estarán presentes, en principio, a subdelegada de Goberno, Obdulia Taboadela, representantes municipais e representantes dos corpos de seguridade.
SUMINISTRO
Mércores 17 de xaneiro do 2007
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ven de remitir ao Concello de Carballo unha notificación pola que autoriza os traballos que redunden nunha mellora de suministro eléctrico no Sixto. As obras consistirán na instalación dunha liña de media tensión, centro de transformación e rede de baixa tensión Sixto II, que se atopan situadas en parte na zona de policía do rego de Sixto, con dous cruces aéreos da liña de media tensión sobre este.
MEDIO AMBIENTE
Mércores 17 de xaneiro do 2007
O índice de impropios no colector amarelo situouse nun 34’81% durante o segundo cuatrimestre do ano 2006, baixando case un 4% en relación ao primeiro cuatrimestre. Son datos da última comunicación recibida pola Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Carballo, que a principios de ano propoñíalle o reto á cidadanía de baixar dun 40% nese índice de impropios. No mes de xaneiro o índice de impropios no colector amarelo superaba o 60%, co cal o Concello estaba sendo penalizado pola Consellaría ao non cumplir cos compromisos de reciclaxe. Os datos seguen a confirmar a tendencia á baixa neste sentido, contando incluso con índices do 33% de impropios, como no mes de maio do ano pasado.
CULTURA
Martes 16 de xaneiro do 2007
Preto de 300 escolares do concello de Carballo visitaron, durante a semana pasada, a exposición Granell en papel, que se puido ver no Museo de Bergantiños desde o 21 de decembro até o pasado domingo. A mostra, organizada en colaboración con Caixanova, estivo composta dunha colección de debuxos reunidos pola Fundación Granell de Santiago e Caixanova.
INDUSTRIA
Martes 16 de xaneiro do 2007
A Cámara de Comercio de A Coruña ten intención de inaugurar o vindeiro 26 de xaneiro o viveiro de empresas de Carballo, ubicado no polígono industrial de Bértoa. O acto está previsto para as 13,00 horas e, agás o edificio municipal, os demáis que integran o complexo levan xa un tempo rematados.
TECNOLOXÍA
Martes 16 de xaneiro do 2007
O Concello de Carballo ven de sumarse á rede de dinamizadores tecnolóxicos, promovida pola Consellería de Innovación e Industria, coa finalidade de achegar as novas tecnoloxías ás zonas máis afastadas e con menos capacidade técnica. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, estivo esta mañán en Santiago para proceder á sinatura dun convenio polo que un bolseiro atenderá, nun punto de información, ás empresas, asociacións ou particulares interesados.
CULTURA
Luns 15 de xaneiro do 2007
Este luns, 15 de xaneiro, remata no Pazo da Cultura a exposición do IX Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. Durante o pasado mes puidéronse visionar as fotografías gañadoras do certame, do que resultou gañador Xesús Búa, coa fotografía 100 anos de traballos. O segundo premio foi para Antonio Benítez coa fotografía Cabo de Gata. O premio especial Carballo foi para Pablo Manuel Suárez e a súa fotografía Cando a marea sobre e, ademáis, houbo dous accésits para Paul Preece e Ángel Pérez de León.