Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Costas elaborará un estudo de usos da lagoa de Baldaio

LITORAL

Costas elaborará un estudo de usos da lagoa de Baldaio

Xoves 25 de xaneiro do 2007

Costas elaborará un estudo de usos para o espazo natural de Baldaio, segundo anunciou o xefe da Demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil, na visita que fixo o pasado mércores a Carballo. Na mesma estivo acompañado polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro de Urbanismo, Manuel Andrade, o concelleiro de Praias, Antonio Longueira e o concelleiro de Servizos, Luis Lamas.

Miguel Ángel Santos abre o ciclo ‘Aprender para Educar’

CULTURA

Miguel Ángel Santos abre o ciclo ‘Aprender para Educar’

Xoves 25 de xaneiro do 2007

O Concello de Carballo, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Deputación da Coruña poñen en funcionamento, de novo, o programa Aprender para Educar, un lugar de encontro e formación dirixido a pais e nais e que ten como obexctivo o reforzo da familia como marco fundamental da educación e como elemento de desenvolvemento da personalidade. O catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Málaga, Miguel Ángel Santos Guerra, é o encargado de abrir o ciclo cunha conferencia que ten lugar este xoves, 25 de xaneiro, no Pazo da Cultura a partir das 20,00 horas.

As comisións informativas de Asuntos Económicos e de Acción Social reúnense este mércores

CONVOCATORIA

As comisións informativas de Asuntos Económicos e de Acción Social reúnense este mércores

Mércores 24 de xaneiro do 2007

Previo á celebración da sesión plenaria deste mes de xaneiro, a vindeira semana, esta tarde de mércores reúnense as comisión informativas de Acción Social, Participación e Persoal e de Asuntos Económicos e Especial de Contas. A primeira das mesmas comezará ás 19,00 horas, mentres que a de Asuntos Económicos farao ás 19,15 horas.

O Concello intégrase na rede galega de locais de ensaio

XUVENTUDE

O Concello intégrase na rede galega de locais de ensaio

Mércores 24 de xaneiro do 2007

O Concello de Carballo ven de integrarse na rede galega de locais de ensaio, unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude que pretende contribuír á promoción cultural e artística, incentivar formas de lecer alternativas e achegar a música aos mozos. Así o manifestou o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, na visita que fixo a Carballo este pasado martes. A Xunta de Galicia centrarase en mellorar o equipamento e instalacións nos locais de ensaio que, no caso de Carballo, xa están sendo utilizados por grupos musicais locais no Pazo da Cultura.

Xan Fraga doa ao Concello un arquivo de 855 fotos e postais da historia de Carballo

ARQUIVO

Xan Fraga doa ao Concello un arquivo de 855 fotos e postais da historia de Carballo

Mércores 24 de xaneiro do 2007

O escritor e historiador carballés, Xan Fraga Rodríguez, entregou este mércores o seu arquivo fotográfico ao Concello de Carballo, composto por fotografías, postais e documentos que foi recollendo ao longo da súa investigación da historia de Carballo. O acto tivo lugar no arquivo municipal do Concello e no mesmo participaron a responsable do arquivo, Marina Carballido, o concelleiro de Servizos, Luis Lamas, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Xan Fraga doou, desinteresadamente, un total de 855 fotografías e postais, algunhas circuladas, que van desde finais do século XIX até as décadas dos anos 1970 e 1980.

O Concello recibe o arquivo de fotos, postais e documentos do historiador Xan Fraga

ARQUIVO

O Concello recibe o arquivo de fotos, postais e documentos do historiador Xan Fraga

Martes 23 de xaneiro do 2007

O escritor e historiador carballés, Xan Fraga Rodríguez, entregará mañá mércores, 24 de xaneiro, o seu arquivo fotográfico ao Concello de Carballo, composto por fotografías, postais e documentos que foi recollendo ao longo da súa investigación da historia de Carballo. O acto terá lugar ás 12,30 horas no arquivo municipal, do que participarán tamén a responsable do mesmo, Marina Carballido, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

Á venda os bonos para asistir a todas as representacións teatrais dos Venres Culturais

CULTURA

Á venda os bonos para asistir a todas as representacións teatrais dos Venres Culturais

Martes 23 de xaneiro do 2007

Desde o pasado luns, 22 de xaneiro, están á venda os bonos para asistir a todas as representacións de teatro dos Venres Cuturais do Concello de Carballo, que terán lugar entres os meses de xaneiro e abril. En total son seis obras teatrais, sendo o prezo do bono ordinario de 14 euros e o bono especial con prezo reducido, para estudantes con carnet de estudante, maiores de 65 anos e menores de 12 anos, de 11 euros. Os bonos poden adquirirse no Pazo da Cultura en horario de 11,00 a 14,00 horas.

Seiscentos escolares de Carballo participan dunha campaña ambiental promovida polo Concello

MEDIO AMBIENTE

Seiscentos escolares de Carballo participan dunha campaña ambiental promovida polo Concello

Luns 22 de xaneiro do 2007

Este martes, 23 de xaneiro, comeza en Carballo unha nova campaña de sensibilización ambiental, promovida polo Concello de Carballo e dirixida aos escolares da localidade. Seiscentos alumnos e alumnas participarán, ao longo do primeiro cuatrimestre, de 27 actividades como as tres saídas divulgativas que se levarán a cabo a Razo e Baldaio, obradoiros e charlas sobre biodiversidade e medio natural ou obradoiros de elaboración de xoguetes con residuos.

O Pazo da Cultura acolle unha nova edición do ciclo ‘Aprender para educar’ a partir desta semana

CULTURA

O Pazo da Cultura acolle unha nova edición do ciclo ‘Aprender para educar’ a partir desta semana

Luns 22 de xaneiro do 2007

O Concello de Carballo e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega presentaron o programa Aprender para educar, unha iniciativa para nais e pais que se reanudará o vindeiro xoves, 25 de xaneiro, coa participación do catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Málaga, Miguel Ángel Santos Guerra. A conferencia terá lugar no Pazo da Cultura, a partir das 20,00 horas, e versará sobre a situación da escola. Na presentación do programa estiveron presentes María Xosé Bravo e Carme Vilariño, representantes da asociación, ademais do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira de Cultura, Belén Lendoiro. Todos recomendaron, debido ao seu contido, a participación do profesorado na charla do vindeiro xoves.

Aprobadas licenzas para a construcción de dous novos edificios en Carballo

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobadas licenzas para a construcción de dous novos edificios en Carballo

Luns 22 de xaneiro do 2007

A Xunta de Goberno Local aprobou, na sesión ordinaria celebrada este luns, a autorización de licenzas para a construcción de dous novos edificios en Carballo, de 18 e 10 vivendas nas rúas Xazmíns e Vila de Noia respectivamente. Ademáis, adxudicouse mediante subhasta, procedemento aberto, a obra Execución de edificación destinada a Escola Taller de Carballo, Fase II, Nave 1, a Sistemas Avanzados de Transformación SL no prezo de 300.165,49 euros, cun prazo de execución de 5 meses contados a partir do día seguinte á sinatura da acta de comprobación de replanteo.

Dous concertos de música abren a programación dos Venres Culturais

CULTURA

Dous concertos de música abren a programación dos Venres Culturais

Venres 19 de xaneiro do 2007

O Pazo da Cultura de Carballo acolle esta fin de semana dous concertos que abrirán a programación dos Venres Culturais. O programa arranca este venres, 19 de xaneiro, cun concerto de Joao Afonso e Uxía a partir das 21,00 horas e con entrada libre. O sábado 20 o Coro Aires de Bergantiños, tamén a partir das 21,00 horas e con entrada libre, ofrece un concerto con motivo do seu XXI aniversario.

Compartir: