Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Concello intensifica os traballos de acondicionamento dos locais sociais das parroquias

OBRAS

O Concello intensifica os traballos de acondicionamento dos locais sociais das parroquias

Sábado 17 de febreiro do 2007

A Concellería de Cultura e Ensino do Concello de Carballo ven de intensificar a actuación no plan de mellora e acondicionamento nos locais sociais e antigas escolas unitarias das parroquias. O plan, desenvolvido desde finais de 2005, durante todo o ano 2006 e agora en 2007, pretende que os residentes e asociacións de veciños das parroquias podan dispoñer da súa utilización e dinamizar así a vida social desas zonas. O obxectivo que persegue esta actuación é o de achegar os servizos ás parroquias e que estas dispoñan dos mesmos servizos e infraestructuras que na zona urbana. Este plan ven a complementar ás actuacións que se levan a cabo co adecentamento do Centro Social de Berdillo e o Local Social de Sofán.

Carballo acolle a celebración do Campionato Galego Infantil de Natación

DEPORTE

Carballo acolle a celebración do Campionato Galego Infantil de Natación

Venres 16 de febreiro do 2007

O Concello de Carballo foi escenario da presentación do Campionato Galego Infantil de Natación, que se vai celebrar esta fin de semana na localidade, concretamente na piscina Carballo Calero. Preto de 200 nadadores -120 en categoría masculina e 77 en feminina- daranse cita en Carballo para participar do evento, que terá lugar o sábado 17 de febreiro, a partir das 11,00 horas pola mañán e 17,30 horas pola tarde, e o domingo 18 de febreiro, a partir das 10,00 horas pola mañán e das 17,00 horas pola tarde. Polo que respecta á competición, todas as probas disputaranse contrarreloxo.

A choiva obriga a suspender o desfile escolar de comparsas

CULTURA

A choiva obriga a suspender o desfile escolar de comparsas

Venres 16 de febreiro do 2007

O mal tempo rexistrado este venres no concello obrigou a suspender a festa e baile escolar de disfraces que se ía celebrar na Praza do Concello a partir das 11,30 horas. O alumnado dos centros educativos da localidade viuse na obriga de celebrar o inicio do Antroido no colexio, se ben polas rúas de Carballo xa se pode intuir e palpar o ambiente festivo típico destas datas, cos máis pequenos lucindo os seus disfraces. Arranca o Antroido en Carballo nun día no que está prevista a realización dun obradoiro sobre o Antroido no mundo, na Ludoteca Municipal a partir das 18,00 horas. Xa pola noite, a Charanga 68+1 actuará na Praza do Concello e rúas de Carballo, de 20,00 a 01,00 horas, mentres que ás 21,00 horas terá lugar a inauguración oficial das festas, a cargo de Festicultores Group, unha nova e orixinal forma de dar a saída a unha das festas máis representativas da comarca.

A Brigada de Medio Ambiente eliminou nove vertedeiros incontrolados nas últimas semanas

MEDIO AMBIENTE

A Brigada de Medio Ambiente eliminou nove vertedeiros incontrolados nas últimas semanas

Xoves 15 de febreiro do 2007

A Brigada de Medio Ambiente de Concello de Carballo, coordenada polas concellerías de Servizos e Mantemento e Medio Ambiente, ven de proceder á localización e eliminación de nove vertedeiros incontrolados no municipio. Trátanse de dous en Pardiñas (Oza), dous na pista do lugar do Alto (Artes) a Portopaio (Rus), un na pista da Ponte Lubiáns, un na pista de acceso á EDAR de Carballo (Sísamo), un na pista á depuradora de Raíña (Sísamo), un na pista que vai ao campo de motocross (Bértoa) e outro detrás do colexio da Cristina.

O Concello de Carballo acode por primeira vez a Xantar

TURISMO

O Concello de Carballo acode por primeira vez a Xantar

Xoves 15 de febreiro do 2007

O Concello de Carballo participará na celebración de Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que na súa oitava edición se celebrará do 28 de febreiro ó 4 de marzo en Expourense. A gastronomía do concello chegará até este salón grazas á Fundación Amigos de Galicia, que ofrecerá no seu restaurante un completo menú integrado polos productos máis representativos dos concellos galegos de Portas, A Baña, Vilagarcía, Burela e Carballo. O pan de Carballo, o produto gastronómico máis típico do concello, será un dos protagonistas do menú que achegará a Xantar a Fundación Amigos de Galicia. O Salón adicaralle un día, o 28 de febreiro, a Carballo, no que poderá promocionar ante as institucións, profesionais e público en xeral os seus recursos gastronómicos e turísticos. A presentación de Xantar tivo lugar este xoves no Concello de Carballo e contou coa presenza do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro de Turismo, Luis Lamas, o presidente da Asociación de Hosteleros de Bergantiños, Manuel Gómez Eiroa, e o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín.

Carme Loureiro ofrece o xoves a terceira das conferencias do ciclo ‘Aprender para Educar’

ENSINO

Carme Loureiro ofrece o xoves a terceira das conferencias do ciclo ‘Aprender para Educar’

Mércores 14 de febreiro do 2007

O Pazo da Cultura acolle este xoves, 15 de febreiro, a terceira das conferencias do ciclo Aprender para Educar, un programa organizado polo Concello de Carballo, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Deputación da Coruña. A profesora do IES A Illa de Arousa, Carme Loureiro, será a encargada de falar da Resolución de conflictos a través das habilidades sociais. O acto comezará ás 20,00 horas e haberá servizo de gardería con previa reserva no teléfono 981704300.

Carballo forma parte da candidatura ao proxecto Cidades Dixitais 2

INFORMACIÓN

Carballo forma parte da candidatura ao proxecto Cidades Dixitais 2

Mércores 14 de febreiro do 2007

A Deputación da Coruña presentará ante o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a súa candidatura para liderar o proxecto Cidades Dixitais 2, que pretende promover a implantación da sociedade da información nas administracións locais. No plantexamento inicial, existen catro proxectos individuais para catros concellos, entre os que se atopa o de Carballo. Xunto cos de Culleredo, Valdoviño e Noia, o de Carballo forma parte da iniciativa debido a que son catro concellos con características moi diferentes, que servirán para deseñar os pasos para a aplicación posterior de solucións no resto de concellos da provincia da Coruña.

O Concello participará do VIII Salón Galego de Gastronomía e Turismo

TURISMO

O Concello participará do VIII Salón Galego de Gastronomía e Turismo

Mércores 14 de febreiro do 2007

O Concello de Carballo participará na celebración de Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que na súa oitava edición se celebrará do 28 de febreiro ó 4 de marzo en Ourense. O pan de Carballo, o produto gastronómico máis típico do concello, será un dos protagonistas do menú que achegará a Xantar a Fundación Amigos de Galicia. O Salón adicaralle un día, o 28 de febreiro, a Carballo, no que poderá promocionar ante as institucións, profesionais e público en xeral os seus recursos gastronómicos e turísticos.

A exposición ‘Nazón de Breogán’ prorroga a súa estancia no Pazo da Cultura

CULTURA

A exposición ‘Nazón de Breogán’ prorroga a súa estancia no Pazo da Cultura

Martes 13 de febreiro do 2007

Debido ao grande éxito de afluencia, a Concellería de Cultura do Concello de Carballo ven de comunicar que a exposición Nazón de Breogán permanecerá no Pazo da Cultura até o vindeiro 25 de febreiro. Preto dun millar de persoas visitaron a mostra durante o pasado mes sendo, segundo a Vicepresidencia da Xunta de Galicia, a exposición máis visitada a nivel individual na historia de Carballo.

A ludoteca municipal pechará durante máis dun mes por obras de accesibilidade

OBRAS

A ludoteca municipal pechará durante máis dun mes por obras de accesibilidade

Martes 13 de febreiro do 2007

A ludoteca municipal permanecerá pechada ao público desde o 19 de febreiro até o 31 de marzo por mor das obras a desenvonvolver nas depedencias, destinadas á mellora de accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas. As obras a desenvolver teñen por obxecto a cooperación e integración das persoas con discapacidade, mediante a execución de obras que melloren a accesibilidade.

Portos de Galicia remitirá ao Concello unha proposta de mellora no porto de Razo

PORTOS

Portos de Galicia remitirá ao Concello unha proposta de mellora no porto de Razo

Martes 13 de febreiro do 2007

Portos de Galicia remitirá ao Concello de Carballo, a principios do vindeiro mes de abril, unha proposta de mellora no ámbito do porto de Razo. Así trascendeu da xuntanza que este martes, 13 de febreiro, mantiveron en Santiago o presidente de Portos de Galicia, Vicente Irisarri, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. O rexedor local aportou á reunión documentación sobre o estado actual do ámbito, cun pequeno dosier no que se recolle a situación a día de hoxe.

Compartir: