LITORAL
Venres 23 de febreiro do 2007
Desde o pasado día 19 de febreiro está aberto o prazo para solicitar a autorización para a colocación de Instalacións de Tempada de Praias en zona de Dominio Público Marítimo Terestre. O prazo permanecerá aberto até o 19 de marzo de 2007, para a instalación de tempada nas praias de Razo e Baldaio.
MEDIO AMBIENTE
Venres 23 de febreiro do 2007
O Concello de Carballo ven de tramitar a súa adhesión a Signus Ecovalor para que esta sociedade, sin ánimo de lucro, se faga cargo da recollida e tratamento dos neumáticos usados. Até o momento, a Brigada de Medio Ambiente encargabase da recollida dos nuemáticos no Punto Limpo e o seu desprazamento ao polígono de Lendo, en Laracha, onde se trataban.
ENSINO
Venres 23 de febreiro do 2007
Médicos do Mundo está a desenvolver nos centros de ensino de Carballo, desde principios deste mes de febreiro, diferentes obradoiros para traballar a interculturalidade. Os dous obradoiros que se están a desenvolver no concello son Educar para convivir, nos centros de primaria, e ¿Cómo falamos dos inmigrantes? Nombres, adxectivos e xenofobia, nos institutos de ESO. Durante este mes xa se celebraron obradoiros no CEIP Nétoma-Razó, Xesús San Luis e A Cristina. O luns 26 repetirá este último centro e o martes 27será o turno do CEIP Fogar. En canto aos centros de primaria, os obradoiros continuarán os días 3 e 13 de marzo, no CEIP A Cristina e CEIP Fogar respectivamente. Para os institutos de ESO, os obradoiros desenvolveranse os días 6, 12 e 19 de marzo no IES Alfredo Brañas, IES Isidro Parga Pondal e IES Monteneme respectivamente.
PLENO
Xoves 22 de febreiro do 2007
A sesión plenaria ordinaria do mes de febreiro a celebrar o vindeiro luns conta, na orde do día, coa toma de posesión do concelleiro do grupo político municipal do PSdeG-PSOE, Pedro Luis Fernández Pombo. A toma de posesión faise efectiva logo da renuncia ao seu cargo de concelleiro de Manuel Trigo. A sesión plenaria comezará ás 20,30 horas e a orde do día conta con nove puntos para o seu debate.
MEDIO AMBIENTE
Xoves 22 de febreiro do 2007
Logo da suspensión das saídas a Razo e Baldaio, por mor do mal tempo, este xoves comeza en Carballo a nova campaña de sensibilización ambiental promovida polo Concello e dirixida aos escolares da localidade. Seiscentos escolares participarán, ao longo do primeiro cuatrimestre deste ano, de actividades, obradoiros e charlas sobre biodiversidade e medio natural ou obradoiros de elaboración de xoguetes con residuos. Na xornada de hoxe, monitores especializados acudiron ao IES Parga Pondal para dirixir as primeiras charlas, que continuarán durante a xonrada de mañán venres.
INDUSTRIA
Xoves 22 de febreiro do 2007
O Concello de Carballo ven de recibir o plan de sectorización da terceira fase do polígono industrial de Bértoa, nos dous ámbitos de 426.300 e 114.400 metros cadrados. Xestur volveu a remitir o plan de sectorización ao Concello, logo de que éste fixera a subsanación e modificacións pertinentes logo da primeira remisión, a finais do pasado mes de xaneiro. A documentación relacionada por Xestur comprende o estudio de sostenibilidade ambiental, impacto territorial e paisaxístico, o estudo xeotécnico, textos, plans e anexos.
MULLER
Mércores 21 de febreiro do 2007
O Centro de Información á Muller de Carballo organiza, para o vindeiro mes de marzo, a realización dun curso de Autoestima e Habilidades Sociais. O prazo de inscrición para participar do mesmo estará aberto até o 2 de marzo. O curo de Autoestima e Habilidades Sociais realizarase en oito sesións dunha hora e media de duración cada unha.
CONVOCATORIA
Mércores 21 de febreiro do 2007
A Casa do Concello acolle este mércores, 21 de febreiro, a reunión da comisión informativa de Asuntos Económicos e Especial de Contas. A convocatoria, previa á celebración da sesión plenaria ordinaria do vindeiro lunes, está fixada para as 19,00 horas. A comisión informativa conta na orde do día con cinco puntos para o seu debate.
CULTURA
Mércores 21 de febreiro do 2007
Este xoves, 22 de febreiro, ábrese o prazo para a presentación de solicitudes para participar do programa organizado pola Deputación da Coruña Vivir o Mundo, que pretende achegar aos rapaces e rapazas da provincia a París, cidade de gran interese monumental e cultural. O Concello de Carballo conta con 12 prazas adxudicadas para unha viaxe da que se poderán beneficiar aqueles que teñan entre 12 e 14 anos (ambas incluidas) no mes de abril de 2007. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto até o 15 de marzo de 2007. A duración da viaxe é de catro días e tres noites, con réxime de pensión completa e o desprazamento, tanto a ida como o regreso, farase en autobús desde os concellos ata a algún dos aeroportos existentes na provincia e, en avión, desde estes até París.
LINGUA
Luns 19 de febreiro do 2007
O Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo chega neste ano á súa terceira edición. O certame, que outorga un primeiro premio de 1.000 euros e un segundo de 350, realízase desde 2005 e en colaboración con oito medios de comunicación escritos, que publicarán os dous artigos gañadores. Esta iniciativa convócaa a Concellaría de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística, desde o Servizo de Normalización Lingüística municipal do Concello de Carballo, entidade comprometida coa dinamización social do uso do galego, e busca os obxectivos de promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega e de crear espazos nos xornais para analizar esta situación.
CULTURA
Luns 19 de febreiro do 2007
Este martes, 20 de febreiro, rematan en Carballo as festas do Antroido. O tradicional enterro da sardiña porá o punto e final a unha celebración que encheu de colorido as rúas da localidade durante toda a fin de semana. O enterro da sardiña será o último acto a realizar este martes, a partir das 21,30 horas, con saída da Praza do Concello e chegada ao Parque do Anllóns, onde se devolverá a sardiña ao río. O grupo de teatro afecionado Vagalume Animación realizará unha divertida representación durante o acto. O Concello subvencionará aos dez primeiros grupos participantes do enterro. Ademáis deste último acto, durante este luns e o martes haberá outras actividades para seguir celebrando esta tradicional festa en Carballo.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Luns 19 de febreiro do 2007
A Xunta de Goberno Local incluiu, na sesión ordinaria celebrada este luns, a candidatura da praia das Saíñas para a obtención de bandeira azul no ano 2007. A convocatoria completa inclúe os arenais, ademáis, de Razo e Pedra do Sal, que xa obtiveron este distintivo durante a última tempada de praias. Foi un dos acordos adoptados na sesión deste luns, na que se aprobaron, ademáis, as certificacións segunda e final da obra Rede de Saneamento en Espiño-Ramil, por importe de 8.112,74 euros, a primeira da obraRede de saneamento na parroquia de Oza, 1ª fase, por importe de 43.563,15 euros, e a primeira da obra Rede de saneamento en Rapadoiro 1ª fase - Noicela, por importe de 36.815,28 euros.