ENSINO
Luns 26 de marzo do 2007
Este luns, 26 de marzo, inaugúrase no Pazo da Cultura a exposición A través das enerxías, segunda das mostras incluidas no programa A Culturaeduca do Concello de Carballo. O programa persegue o obxectivo de proporcionar ao profesorado e alumnado un recurso didáctico máis, a través de representacións teatrais, concertos didácticos, exposicións, etc., ofrecendo oportunidades de formación en aspectos culturais menos desenvoltos na escola e achegando as manifestacións culturais á súa vida cotiá.
SESIÓN PLENARIA
Luns 26 de marzo do 2007
A corporación municipal de Carballo reúnese este luns, 26 de marzo, en sesión plenaria ordinaria. O punto estrela da orde do día será a aprobación do Orzamento Xeral da corporación para 2007. Éste cífrase en 19.996.205,85 euros de ingresos e 19.844.476,81 euros de gastos e formúlase cun superávit de 151.729,04 para respectar o Plan Económico aprobado no ano 2005. O capítulo de inversións recolle unha partida de 5.633.395,19 euros. A sesión plenaria comezará ás 20,30 horas.
CULTURA
Venres 23 de marzo do 2007
A música e o teatro volveen a ser protagonistas esta fin de semana, con dúas actuacións incluidas na programación dos Venres Culturais do Concello de Carballo. Este venres, 23 de marzo, e dentro do Circuito 4x4 da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, dependente da Consellería de Cultura, o Pazi da Cultura colle un concerto de Xabier Díaz, cun proxecto resultado do encontro musical dunha voz do norte, a de Xabier Díaz, e un guitarrista do sur, Guillermo Fernández. Músicas de salitre é o nome do seu disco, gravado en 2004, e do que deixará constancia cunha actuación que comezará ás 21,00 horas.
CULTURA
Venres 23 de marzo do 2007
O hotel Punta del Este acolle este venres, 23 de marzo, a entrega da XVI edición dos Premios Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia, O obxectivo destes premios, que outorga a Federación de Libreiros de Galicia e que naceron en 1991, é recoñecer o traballo de promoción e divulgación do libro e da lectura en galego, desenvolvidos por persoas, entidades e institucións da sociedade galega. Para isto outórganse galardóns en sete categorías: centro de ensino, libro de ano, obra editorial do ano, institución, medios de comunicación e novas tecnoloxías, libraría e autor/a do ano.
MEDIO AMBIENTE
Venres 23 de marzo do 2007
A área recreativa do Polígono Industrial de Bértoa acolleu este venres, 23 de marzo, a prantación de 25 carballos e un sementeiro de 365 landras para pechar os actos programados para conmemorar o día da árbore. O alumnado de varios centros de ensino da comarca, concretamente do CEIP Bergantiños de Carballo, o CEIP Otero Pedraio de A Laracha e o CEIP de Bormoio-Agualada de Coristanco, e que participan no programa Voz Natura de La Voz de Galicia, foron os encargados de simbolizar, en palabras do alcalde de Carballo, "o novo futuro que queremos para Carballo e Galicia". A prantación dos carballos e das landras foi a continuidade ao reparto de 110.000 landras que o Concello, coa colaboración de La Voz de Galicia, a Consellaría de Medio Rural da Xunta de Galicia, Xestur e Sogama, fixo o pasado mércores, coincidindo coa celebración do día da árbore.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Xoves 22 de marzo do 2007
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística anunciaron en conferencia de prensa diversas actividades que se van desenvolver nos próximos meses desde o Servizo de Normalización Lingüística. O segundo trimestre de Literactúa, Obradoiros Máis Alá!, Programa para a multiculturalidade e a integración lingüística e cursos de galego foron algunhas das actividades presentadas.
OBRAS
Xoves 22 de marzo do 2007
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinou este xoves, 22 de marzo, o contrato para a ampliación de beirarrúas e dotación de equipamento urbano na rúa Gran Vía. O obxectivo da actuación é o de facer a circulación maís segura, racional e adaptala ás necesidades e exixencias actuais; mellorar a estética xeral que presenta o conxunto, con solucións actualizadas e adecuadas ás características da localidade; potenciar as zonas peonís, ordenando aducuadamente o tráfico rodado; e adecuar as infraestructuras existentes e instalación daquelas das que carece. O orzamento ascende a 193.384,38 euros, sendo o prazo de execución de tres meses.
MEDIO AMBIENTE
Xoves 22 de marzo do 2007
A área recreativa do Polígono Industrial de Bértoa acolle este venres, 23 de marzo, a prantación de 25 carballos e un sementeiro de 365 landras para pechar os actos programados para conmemorar o día da árbore. O alumnado de varios centros de ensino da comarca, concretamente do CEIP Bergantiños de Carballo, o CEIP Otero Pedraio de A Laracha e o CEIP de Bormoio-Agualada de Coristanco, procederán á prantación dos 25 carballos ás 12,00 horas. O alumnado estará acompañado por membros do programa Voz Natura de La Voz de Galicia.
CULTURA
Mércores 21 de marzo do 2007
Este mércores, 21 de marzo, ten lugar a primeira das citas anuais do ciclo Xoves Intérpretes, cun Concerto de primavera impartido polo alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Carballo. Trátase dun tradicional ciclo de concertos no que se pode contemplar e escoitar unha serie de temas musicais que interpreta o alumnado do Grao Elemental de Música do Conservatorio carballés. A actuación ten lugar no Pazo da Cultura, a partir das 20,00 horas.
CULTURA
Mércores 21 de marzo do 2007
Este xoves, 22 de marzo, inaugúrase no Pazo da Cultura a exposición O mar nos fondos da colección Caixa Galicia. A mostra está incluida no programa A Culturaeduca do Concello de Carballo, co ánimo de proporcionar ao profesorado e alumnado un recurso didáctico máis, a través de representacións teatrais, concertos didácticos, exposicións, etc., ofrecendo oportunidades de formación en aspectos culturais menos desenvoltos na escola e achegando as manifestacións culturais á súa vida cotiá. A mostra está dirixida ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria e persegue os obxectivos de dar a coñecer a obra dalgúns dos máis importantes artistas plásticos galegos dos séculos XIX e XX e a evolución da arte neste período, coñecer as diferentes técnicas pictóricas e as súas características principais e, ademáis, aproximar ao alumnado á diversidade do mar como elemento de inspiración e creación artística.
MEDIO AMBIENTE
Mércores 21 de marzo do 2007
Baixo a organización do Clube Remontes 4x4, a colaboración da Asociación de Usuarios del Todoterreno e o patrocinio do Concello de Carballo, este sábado, 24 de marzo, haberá unha saída de vehículos para a localización e recollida de vertedoiros incontrolados no municipio. Como xa se fixera hai tres anos, o Concello tenta erradicar eses puntos de lixo, en colaboración co Clube e a Asociación, localizando os vertedoiros aos que o Concello e a poboación non chegan. A iniciativa suporá unha avaliación con respecto a hai tres anos, localizándose por aquel entón 300 vertedoiros incontrolados. O goberno está convencido de que ese número reduciuse moitísimo, ademáis do volume do lixo que se atopou por aquel entón.
MEDIO AMBIENTE
Martes 20 de marzo do 2007
O Concello de Carballo repartirá este mércores, día 21 de marzo, coincidindo coa celebración da Día da Árbore, 110.000 landras de carballo en colaboración co diario La Voz de Galicia. Os lectores do períodico recibirán neste día, con cada exemplar, unha landra envasada e etiquetada polos traballadores de Aspaber.