SERVIZOS
Xoves 19 de abril do 2007
As concellerías de Medio Ambiente e Servizos e Mantemento veñen de deseñar e comezar un plan de limpeza e mantemento dos areais de Razo e Baldaio. A chegada do bo tempo e a posible afluencia de xente ás praias da localidade fan que o Concello adopte a posta en marcha deste plan, que ten como finalidade que a veciñanza poda disfrutar en perdectas condicións do litoral carballés.
INAUGURACIÓN
Xoves 19 de abril do 2007
A Conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, será a encargada de inaugurar este xoves, 19 de abril, a escultura Escalo, do artista carballés Manuel Facal, na rotonda de acceso ao polígono industrial de Bértoa. O Escalo garda similitude coa escultura ubicada na rotonda de Ponte da Pedra e pretende ser o símbolo de benvida e unha porta aberta á localidade. O acto de inauguración desta nova escultura terá lugar ás 17,00 horas.
SERVIZOS
Mércores 18 de abril do 2007
A Brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo procede, durante estes días, á posta en valor do entorno da férveda de Entrecruces. Os operarios municipais están a facer unha limpeza xeral do entorno, ademáis do adro da capela e a fonte de San Paio. Ademáis, a Brigada de Medio Ambiente procede á reparar os desperfectos existentes en diverso mobiliario urbano da paraxe de férveda.
CULTURA
Mércores 18 de abril do 2007
Este mércores, 18 e abril, rematou o prazo para a presentación dos artigos para participar na terceira edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo, que outorga un primeiro premio de 1.000 euros e un segundo de 350. Máis de 30 obras concorrirán a un certame que se realiza desde 2005, en colaboración con oito medios de comunicación escritos, que publicarán os dous artigos gañadores. Esta iniciativa convócaa a Concellaría de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística, desde o Servizo de Normalización Lingüística municipal do Concello de Carballo, entidade comprometida coa dinamización social do uso do galego, e busca os obxectivos de promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega e de crear espazos nos xornais para analizar esta situación.
DEPORTE
Mércores 18 de abril do 2007
A Conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinaron este mércores, 18 de abril, o convenio de colaboración sobre a reforma do campo de fútbol de As Eiroas, no que o departamento autonómico achega más de 430.000 euros e o Concello de Carballo máis de 90.000 euros. O convenio ten como obxectivo substituir a herba artificial e a rede de rego do campo de fútbol carballés, para así complementar o equipamento deportivo existente no concello e mellorar as súas infraestructuras. A Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral para o Deporte, colabora nesta intervención ao considerar que o Concello fomenta a creación dun gran número de clubes de fúbtol de todas as categorías, favorecendo as que agrupan a deportistas de base, e ao considerar que o campo de fútbol de As Eiroas constitúe o epicentro da actividade deportiva de Carballo.
CULTURA
Martes 17 de abril do 2007
O Pazo da Cultura acolle este mércores, 18 de abril, a posta en escea de dous concertos didácticos que forman parte da programación escolar A Culturaeduca, destinado ao alumnado dos institutos de ensino de secundaria do Concello de Carballo. Os concertos terán lugar ás 10.30 e ás 12.00 horas, a cargo do grupo de percusión Attacca.
CONVOCATORIA
Martes 17 de abril do 2007
A Conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, acudirá o vindeiro xoves, 19 de abril, á inauguración da escultura Escalo, do artista carballés Manuel Facal, na rotonda de acceso ao polígono industrial de Bértoa. A conselleira estará acompañada polo delegado provincial de Vivenda e Solo, Xoán Carlos Bascuas, o delegado provincial de Innovación e Industria e presidente de Xestur, José Luis Barcia, ademáis do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o artista Manuel Facal. O acto de inauguración terá lugar ás 17,00 horas.
CULTURA
Martes 17 de abril do 2007
O medo será o tema principal na celebración da Semana do Libro e a Lectura que se desenvolverá no Pazo da Cultura de Carballo do 22 ao 22 de abril. O multiusos carballés acolleu este martes, 17 de abril, a presentación do programa, na que participaron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a delegada provincial de Cultrura e Deporte, Milagros Lantes, o presidente da Asociación Socio Pedagóxica Galega, Xoán Costa, e o director da oficina principal de Caixanova en Carballo, José Ulfe. A Semana do Libro e a Lectura conta con obradoiros para nenos e nenas, actividades para o profesorado, actividades coas familias, exposicións permanentes e actividades abertas ao público. A inauguración da Semana do Libro e a Lectura terá lugar o domingo 22 de abril, a partir das 12,30 horas, cun espectáculo moi visual onde converxen diferentes técnicas baixo o título Que medo, que medo!. A clausura será o sábado 28 de abril, con propostas audiovisuais creadas a partir dos contos de OQO Editora, baixo o lema Medomedá.
MEDIO AMBIENTE
Luns 16 de abril do 2007
Dentro do Programa de actividades de Educación Ambiental que a asociación ecoloxista ADEGA leva desenvolvendo no Concello de Carballo, os días 17 e 19 de abril levaránse a cabo duas saídas no espacio natural protexido de Razo- Baldaio co alumnado do CEIP Gándara- Sofán. Mañán martes a saída faráse co alumnado do 2º e 3º ciclo de Primaria, mentres que o día 19 será o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria o que participe no roteiro. A saída do centro será as 10,00 horas, chegando a Razo-Baldaio sobre ás 10.30 horas e regresando ás 13,00 horas.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Luns 16 de abril do 2007
A Xunta de Goberno Local de Carballo deu conta, na sesión ordinaria celebrada este luns, 16 de abril, na Casa do Concello, da resolución da Dirección Xeral de Costas pola que se anuncia a licitación de contratos de asistencias técnicas para a redacción de diversos proxectos que, no caso de Carballo, se concreta no estudo de sostenibilidade da lagoa de Baldaio e o seu entorno. O orzamento de licitación ascende a 175.310,80 euros e o prazo de execución é de doce meses. Esta actuación completa a outras desenvolvidas pola Dirección Xeral de Costas no litoral carballés, co obxectivo de poñer en valor a franxa costeira do concello, respetando e protexendo o medio natural e o medio ambiente.
CULTURA
Luns 16 de abril do 2007
O Pazo da Cultura acolleu este luns, 16 de abril, a presentación do programa Primavera en Danza, que achegará a Carballo a actuación de catro compañías de danza os dias 27 e 28 de abril e 4 e 5 de maio. Trátase de quinta edición dun programa que ten como obxectivo achegar ao público o espectáculo da danza e que este ano ofrece novidades importantes. Así, a concellería de Cultura organiza encontros para o público cós coreógrafos das compañías e a realización dun obradoiro de danza para os bailaríns e grupos de danza de Carballo. A compañía Vacuo, ademais, realizará unha performance no mercado municipal, o xoves dia 26 de abril, para presentar a súa actuación. Ademais de Vacuo, que actuará o dia 27 de abril, completan o programa as tamén compañías galegas Ballet Studio e Inquedanza, e a madrileña 10et10 Danza.
CULTURA
Sábado 14 de abril do 2007
A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinarán o vindeiro mércores, 18 de abril, o convenio para a substitución da herba artificial e rede de rego no campo de fútbol das Eiroas. O acto de sinatura terá lugar ás 12,30 horas na Alcaldía do Concello de Carballo, onde se lle realizará unha recepción á conselleira de Cultura e Deporte.