Inicio Carballo ao día Hemeroteca 300 escolares visitaron a exposición...

CULTURA

300 escolares visitaron a exposición ‘Granell en papel’

Martes 16 de xaneiro do 2007

A exposición está patrocinada pola Deputación da Coruña e achegou a obra deste artista realizada en papel, ademáis das diferentes técnicas que empregou sobre ese material. Trátase dunha mostra cronolóxica na que se ofreceron os primeiros debuxos do autor, dos anos corenta, pasando polos seus cambios de estilo nas décadas dos cincuenta, sesenta, setenta e oitenta. Os escolares do concello puideron adquirir conceptos teóricos e mellorar a comprensión tanto da obra de Granell coma do movemento surrealista.

Compartir: