Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello asina un contrato para a...

DEPORTE

O Concello asina un contrato para a dotación dunha sala de musculación no Pavillón Carballo Calero

Luns 15 de xaneiro do 2007

O equipamento para a sala de musculación componse dunha máquina femoral tumbado, que serve para traballar os isquiotibiales, unha máquina extensión cuadriceps, para e adestramento do cuadriceps, unha contractora pectoral, para o traballo dos músculos pectorais, un multipower discos, formada por dúas barras guiadas e especializada para o traballo de exercicios de forza, unha multiestación 2 torres - 8 estacións, equipada con polea alta con asento, unha polea baixa con banco, unha polea alta e baixa, unha máquina de dominadas asistidas, un remo en punta con apoio ao peito, un xalón dorsal, unha barra entrecruzada e outra de dominadas. O equipamento complétase cun soporte mixto de discos e barras, discos de fundición para as máquinas de musculación, diferentes barras con topes metálicos para suxeitar os discos, un banco multiposición regulable, soporte de ferro, diferentes agarres e unha corda para triceps. O orzamento total do equipamento para a sala de musculación achégase aos 15.000 euros.

Compartir: