SERVIZOS
O Concello procede á limpeza do entorno da férveda de Rus
Venres 12 de xaneiro do 2007
A férveda de Rus caracterízase pola caída da auga sobre unha pendente larga e pouco pronunciada, duns trinta metros de lonxitude. Para chegar á mesma, é necesario coller a estrada de Santiago e torcer na estrada de Ramil. Unha vez chegado á Capela de Ramil, a férveda está situada a 400 metros de distancia. As labouras de mellora do acceso e de limpeza do entorno da férveda de Rus complementan ás xa realizadas na férveda de Entrecruces.