Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello colocou cerca dun centenar de...

CARBALLO LIMPO

O Concello colocou cerca dun centenar de colectores nos últimos seis meses

Martes 10 de xaneiro do 2006

En canto aos colectores para a reciclaxe de papel, a Brigada de Medio Ambiente colocou 7 novos tipo iglú, dos que 5 se situaron en diferentes rúas do Polígono Industrial de Bértoa. Ademáis, procedeuse á colocación de 12 colectores de 120 L para a reciclaxe de papel en edificios administrativos. Estes situáronse no Concello, Pazo da Cultura, Protección Civil, Centro de Drogodependencias, Centro de Formación Ocupacional, Ludoteca, Museo, Biblioteca e Recadación Municipal.

Polo que respecta á reciclaxe de vidro, colcáronse 12 colectores novos en lugares onde non había, ademáis de proceder á reposición de 5 colectores rotos na zona de Arnados, en Razo, e nas rúas Vicente Risco, Doutor Fleming e Santa Ana. A colocación dos colectores novos fíxose tanto en zonas do casco urbano como do rural.

En canto aos colectores de lixo, colocáronse un total de 59 en diferentes lugares do concello, tanto no casco urbano como no rural. Dos de 360 L de capacidade, puxéronse 5 novos, repuxéronse 3 e un aumentou a 800 L. Dos de 800 L, colocáronse 15 novos, repuxéronse 20 e 12 aumentaron a 1100 L. Polo que respecta aos de 1100 L de capacidade, repúxose un e colocáronse 2 novos.

Compartir: