Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o proxecto básico e de...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobado o proxecto básico e de execución da segunda fase do Paseo Fluvial do río Anllóns

Luns 8 de xaneiro do 2007

No tocante aos programas de Servizos Sociais, a Xunta de Goberno Local acordou solicitar unha subvención de 124.600,06 euros á Deputación da Coruña para Progamas de Atención Primaria. Tamén ao ente provincial, vista a convocatoria de programas dirixidos a concellos para actividades e investimentos, solicítase unha subvención de 36.000 euros en materia de Igualdade entre Mulleres e Homes. En relación ao apoio ao deporte e cultura, o Concello demanda tamén á Deputación dúas subvencións de 12.000 e 93.500 euros respectivamente. Esta última solicitude divídese en 41.000 euros para o Programa de Difusión Cultural, 26.000 euros para equipamento para centros e programas culturais, 20.000 euros para o Conservatorio e 6.500 euros para Animadores Culturais.

A Xunta de Goberno Local aprobou, ademáis, a concesión de licenzas para o proxecto de execución dun edificio de 6 vivendas na rúa Gran Vía, a construcción dun edificio de 8 vivendas na rúa Rosas, a dun edificio de 4 vivendas na avenida das Flores e doutro na rúa do Sol. Igualmente, aprobouse a concesión dunha licenza para a construcción dunha vivenda unifamiliar en Queo de Abaixo, na parroquia de Bértoa. A orde do día da sesión completouse coa autorización de oito vaos permanentes nas rúas Andorra, Portugal, Gran Vía, Dalias, Río Anllóns, Río Sil, Vila de Noia e Laracha.

Compartir: