INDUSTRIA
O Concello demandará unha solución aos problemas de suministro eléctrico en Vilanova
Luns 8 de xaneiro do 2007
Os veciños de Vilanova asinan un texto no que denuncian deficiencias no suministro eléctrico, baixadas de tensión e escasa potencia que non permiten levar aos afectados unha vida normal. Ademáis dos casos particulares, moitos negocios tamén ven alterado o sur ritmo comercial debido aos fallos que se producen no suministro. O Concello de Carballo mediará entre os afectados, Unión Fenosa e Industria para demandar unha pronta solución a esta situación.