CULTURA
Os Reis Magos chegan a Carballo
Venres 5 de xaneiro do 2007
O percorrido das carrozas será o seguinte: Centro Comercial Bergantiños-Haley, rúa Ponte da Pedra, rúa Fábrica, Rúa Poniente, rúa Calvo, rúa Barcelona, rúa Fomento, Río Miño, Praza da Milagrosa, rúa Compostela, rúa Verdillo, rúa do Sol, rúa Gran Vía, rúa Vázquez de Parga, rúa Camiño Novo, Praza de Galicia, rúa Coruña, rúa Desiderio Varela e Praza do Concello.
Animación
Durante a espera dos Reis Magos os nenos e nenas que o desexen poderán desfrutar de animación de rúa na praza do Concello, a partir das 18,00 horas, con actividades de globoflexia, xogos de animación e maquillaxe até a chegada da cabalgata.
Acto de recepción dos Reis
O acto de recepción aos Reis Magos celebrarase na carpa instalada diante do Concello, onde poderán agardar os nenos e os pais. Á chegada dos Reis, o alcalde -en nome de todos os cidadáns de Carballo- recibirá e saudará as súas Maxestades. A continuación, os nenos e nenas entregaranlle aos Reis as cartas en man e faranlle as súas peticións.
Cabalgatas nas parroquias
Tamén este venres, 5 de xaneiro, celebraranse as cabalgatas en Berdillo, Baldaio, Sísamo e Bértoa. O venres, 6 de xaneiro, será o turno para as parroquias de Sofán, Artes e Cances. Estas Cabalgatas están organizadas polas asociacións de cada parroquia e seguirán os itinerarios de anos anteriores.