Inicio Carballo ao día Hemeroteca Entra en funcionamento o terceiro xulgado de...

XUSTIZA

Entra en funcionamento o terceiro xulgado de Carballo

Martes 2 de xaneiro do 2007

O alcalde de Carballo e o sarxento xefe da Policía Local visitaron este martes as instalacións para saudar personalmente aos novos traballadores e traballadoras desta terceira sala. A creación dun terceiro xulgado en Carballo foi demandada varias veces polas autoridades e profesionais do sector debido á carga de traballo existente na localidade. O conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Jesús Souto, xa anunciaran no primeiro trimestre de 2006 que Carballo contaría cunha nova unidade xudicial, logo de que o goberno municipal volvese pedir a súa creación a principios de ano.

Compartir: