SUMINISTRO ELÉCTRICO
O Concello remitirá a Industria e Fenosa os últimos fallos no suministro
Mércores 3 de xaneiro do 2007
Os problemas volven a repetirse desta vez, pese que a resposta obtida polo Concello entón, por parte da empresa subministradora, fora que a mellora na rúa Coruña se executaría no Plan de Mantemento 2005. O Concello de Carballo reflexa no seu escrito a problemática e molestias xeradas nos veciños e comerciantes da zona, e máis nunhas datas como as do Nadal.
A Brea
Ademáis dos problemas xerados nesta zona céntrica do casco urbán, o Concello remitirá tamén outro escrito no que denuncia fallos no suministro na zona de A Brea. Ao igual que no caso anterior, o Concello xa remitira no ano 2004 un escrito queixándose das molestias ocasionadas aos veciños desta zona.