Inicio Carballo ao día Hemeroteca As Cabalgatas de Reis despedirán a...

CULTURA

As Cabalgatas de Reis despedirán a programación do Nadal Cultural

Martes 2 de xaneiro do 2007

O sábado 6 será a vez das Cabalgatas de Reis en Sofán, Artes e Cances, cos itinerarios e horarios de anteriores edicións. Ademais das tradicionais cabalgatas, a fin de semana completarase cun Concerto de Reis a cargo do grupo de Cámara de Berdillo, o sábado 6 a partir das 12.30 horas na Igrexa Parroquial de Berdillo. O domingo 7 a Escola da Rúa, en colaboración co Concello de Carballo, ofrece un Concerto de Nadal no Pazo da Cultura a partir das 16.00 horas.

Outras actividades

A programación do Nadal Cultural do Concello de Carballo complétase esta semana cos ciclos Clasicine e Cine de Nadal, a Xabaxira Nadal 06 do Xabarín Club, a celebrar o mércores día 3 no Pazo da Cultura, e a Pista de Xeo, que permanecerá aberta durante todo este mes de xaneiro en horario de 10.00 a 21.00 horas no aparcadoiro do San Martiño. O prezo da entrada é de 5 euros con alugueiro de patíns.

Compartir: