ECONOMÍA
Os servizos económicos do Concello trasládanse ao terceiro andar
Martes 2 de xaneiro do 2007
As antigas dependencias dos servizos económicos, situadas na planta baixa da Casa do Concello, destinaranse a información e rexistro de entrada. No futuro, ademais, está prevista a súa utilización para todo o relativo coa atención á cidadanía, destinar unha parte para ampliar os servizos sociais e, o resto, para os servizos informáticos do Concello.