CULTURA
O Pazo da Cultura acolle a inauguración da exposición do IX Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís
Mércores 27 de decembro do 2006
O xurado do certame fotográfico condediu o primeiro premio, dotado con 600 euros, a Xesús Búa coa fotografía 100 anos de traballos. O segundo premio, de 400 euros, foi para Antonio Benítez coa fotografía Cabo de Gata. O premio especial Carballo, dotado con 400 euros, foi para Pablo Manuel Suárez e a súa fotografía Cando a marea sobre. Ademáis houbo dous accésits, dotados con 100 euros, para Paul Preece e Ángel Pérez de León.