Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Pazo da Cultura acolle o acto de apertura do...

EMPREGO

O Pazo da Cultura acolle o acto de apertura do Obradoiro de Emprego ‘Oficios maiores de 25’

Martes 26 de decembro do 2006

O obradoiro Oficios>25 terá unha duración de 12 meses e formará a 35 alumnos, 10 na especialidade de albanel, 12 na de pintor e 12 na de carpinteiro. Tamén estarán presentes no Pazo da Cultura o director xeral de Formación e Colocación, Pastor Fuenteseca, e o concelleiro de Participación Veciñal, Emprego e Promoción Económica, Manuel Trigo. Ambos asinarán, ás 11,30 horas e en compañía do alcalde de Carballo, o contrato do Obradoiro de Emprego no Centro de Formación. Ademáis, no Pazo da Cultura terá lugar tamén a clausura da escola obradoiro e dos cursos FIP de chapa, pintura, soldadura e electricidade.

Compartir: