Inicio Carballo ao día Hemeroteca Concedidas licenzas para a construcción de...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Concedidas licenzas para a construcción de dúas novas vivendas unifamiliares

Martes 26 de decembro do 2006

A Xunta de Goberno Local procedeu, igualmente, á aprobación das certificacións primeira da obra ‘Remodelación, adaptación e mellora do Concello de Carballo, Fase 3ª’, por importe de 28.396,52 euros, segunda e última da obra ‘Rede de saneamento en Queo, 1ª Fase, parroquia de Bértoa’, por importe de 5.529,99 euros, e única da obra ‘Ampliación rede de abastecemento de auga en Paraíso’, por importe de 29.954,02 euros. En relación aos expedientes de contratación, aprobouse o da obra ‘Cerramento de nave nº 2 da Casa dos Oficios’. A sesión completouse coa dación de conta do convenio de colaboración para a realización dun proxecto de obras de accesibilidade, entre o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais (IMSERSO), a fundación ONCE para a Cooperación e Integración Social de Persoas con Discapacidade, e o Concello de Carballo. O orzamento do proxecto ascende a 118.775,99 euros. Ademáis, autorizáronse catro vaos permanentes nas rúas Castelao, Lirios, Brasil e Baixa.

Compartir: