Inicio Carballo ao día Novas Participa na Campaña de Neve da...

Participa na Campaña de Neve da Deputación da Coruña!

Sábado 9 de novembro do 2024 Deporte

O Concello de Carballo foi incluído na actividade Campaña de neve 2025 da Deputación da Coruña, que se desenvolverá na estación invernal de Valgrande-Pajares. Ao noso concello correspóndenlle 14 prazas para a quenda do 31 de xaneiro ao 3 de febreiro do 2025.

Establécese un prazo de preinscrición para achegar solicitudes, entre os dias 8 de novembro 2 de decembro de 2024 inclusives, mediante a correspondente ficha de inscrición, anexa a esta resolución e á que se deberá dar rexistro de entrada no Concello de Carballo.

Requisitos

  • Poderán asistir á actividade nas prazas correspondentes ó Concello de Carballo nenos e nenas de idades entre 11 e 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2024), e que estén empadroados no Concello de Carballo.
  • No suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas (14), realizarase un sorteo público para adxudicar as mesmas o luns día 9 de decembro ás 10:00 h. na casa do concello.
  • Terán preferencia os solicitantes que non participaran en ningunha campaña de neve anterior da Deputación da Coruña.
  • A cota de participacion individual establecida pola Deputación da Coruña é de 85,00 €, que se aboará no momento e forma que a Deputación da Coruña determine unha vez adxudicadas as prazas.

Ligazóns

Descargas

Compartir: