Inicio Carballo ao día Novas A Xunta de Goberno Local aproba...

A Xunta de Goberno Local aproba subvencións para a promoción do deporte por importe de 189.353,38 euros

Luns 21 de outubro do 2024 Deporte

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a concesión de subvencións a 23 entidades por un importe total de 187.853,38 euros. A distribución dos fondos, destinados en todos os casos á promoción da actividade deportiva, é a seguinte:

Subvencións para o financiamento de organización e participación en fases finais de ascenso a competicións nacionais e campionatos de España durante o ano 2024:

  • Agrupación Deportiva Fogar, 1.500 euros para os campionatos de España de atletismo, natación e triatlón
  • Asociación Deportiva Xiria, 1.500 euros para a fase de ascenso a Primeira Nacional Masculina
  • Club Taekwondo ITF Carballo, 231 euros par o Campionato de España pre-junior, junior e sénior ITF de cintos negros
  • Salvamento y Socorrismo Carballo (Sysca), 1.000 euros para o XXXVI Campionato de España absoluto de verán.

Subvencións para o financiamento de eventos deportivos e actividades deportivas de carácter extraordinario durante o ano 2024:

  • Agrupación Deportiva Fogar, 1.428,81 euros para o II Memorial Pedro Luis Fernández
  • Chong Taekwon-Do Carballo, 1.220,35 euros para o Campionato Taekwondo Liga Fite Galicia
  • Club Ciclista Monteneme, 1.500 euros para a XX Marcha Costa da Morte
  • Club Rítmica Carballo, 474 euros para a I Gala de verán Rítmica Carballo e 420 para a II Gala de Nadal Rítmica Carballo
  • Club Rítmica Pangea, 867,61 euros para a II Fase da Liga Provincial A Coruña de ximnasia rítmica
  • Club Xadrez O Toque Xiria, 1.000 euros para o I Torneo escolar Concello de Carballo e 1.289,77 para o VII Aberto Concello de Carballo Clásico
  • Judo Club Bergantiños, 1.037,46 euros para o Campionato de Nadal
  • Sysca, 1.303 euros para o Memorial Carlos Servando
  • SD Oza, 459 euros para o 4º Triangular SD Oza.

Subvencións para o financiamento de proxectos de actividade xeral durante o ano 2024 (inclúe gastos de persoal, promoción da actividade deportiva, participación en competicións oficiais e adquisición de material):

  • AD Fogar da Xuventude, 15.567,74 euros
  • Asociación Deportiva Xiria, 9.200
  • Club Baloncesto Artai, 5.948,17
  • Club Ciclista Carballo, 2.250
  • Club Ciclista Monteneme, 1.958,45
  • Club Fútbol Cances, 1.000
  • Club Rítmica Carballo, 6.234,12
  • Club Rítmica Pangea, 3.911,50
  • Club Taekwondo ITF, 1.521,44
  • Club Xadrez O Toque Xiria, 3.100
  • Escola Basket Xiria, 19.875,79
  • Escola Lubiáns de Hóckey a Patíns, 12.500
  • Escolas Balonmán Xiria, 24.896,01
  • Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz, 12.330,65
  • Judo Club Bergantiños, 3.817,09
  • Karate-Do Carballo, 2.937,67
  • SD Oza, 2.000
  • SD San Lorenzo de Verdillo, 2.000
  • SD Sofán, 16.174,71
  • Salvamento y Socorrismo Carballo, 11.545,66
  • Virgentis Salvamento Bergantiños, 1.000.

A Xunta de Goberno tamén aprobou varias subvencións nominativas:

  • Agrupación Deportiva Un paso máis, para as súas escolas deportivas inclusivas, por importe de 1.500 euros
  • Sección deportiva de Lenda Educativa SCG, 1.500 euros, para as súas actividades deportivas inclusivas
  • Escola Lubiáns de Hóckey e Patinaxe, 11.353,38 euros para a participación na Hóckey Liga Prata

Compartir: