Inicio Carballo ao día Novas 90 persoas maiores de 50 anos participan na...

90 persoas maiores de 50 anos participan na segunda edición do programa da Universidade Sénior da UDC

Este martes 15 de outubro inauguramos no Fórum Carballo a 2ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento

Luns 14 de outubro do 2024 Benestar

A Universidade Sénior, o programa universitario para maiores de 50 anos da UDC, achega unha vez máis a formación universitaria a este grupo de idade, grazas ao financiamento da Xunta de Galicia e en colaboración co Concello de Carballo. O programa arrincou este martes 15 de outubro no Fórum Carballo, co auditorio completo, xa que están ocupadas as 90 prazas dispoñibles. As actividades, teóricas e prácticas, todas a cargo de profesorado da UDC desenvolverase entre os meses de outubro e novembro.

A inauguración oficial tivo lugar o día 15 coa presenza de Evencio Ferrero Rodríguez, alcalde de Carballo; Susana Iglesias Antelo, adxunta á Dirección da Universidade Sénior, e Mar Eirís Villar, concelleira de Educación e Terceira Idade do Concello de Carballo. Os tres destacaron a altísima participación e a gran motivación do alumnado, maioritariamente feminino. A clase inaugural correu a cargo da carballesa María Andrade Suárez.

O programa formativo consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17.00 a 19.00 horas, e sesións prácticas. Todas elas impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas: 

MÓDULO I. ARTE E PATRIMONIO

  • 15 de outubro. Unha mirada sociolóxica ao consumo e as prácticas culturais, con María Andrade Suárez.
  • 16 de outubro. Do Renacemento ao Barroco a través da arquitectura dos mosteiros galegos, con Estefanía López Salas.
  • 22 de outubro. A moda a través da historia, con Elvira Lezcano González.
  • 23 de outubro. Saída cultural con Estefanía López Salas.
MÓDULO II. CIENCIA E TECNOLOXÍA
  • 29 de outubro. I+D e Innovación en Galicia, con Alfonso Bravo Juega.
  • 30 de outubro. Situarse no ceo: o ceo como guía, con Alsira Salgado Don.
  • 5 de novembro. Ciencia con datos, con Salvador Naya Fernández.
  • 6 de novembro. Saída de campo con Alsira Salgado Don.
MÓDULO III. SAÚDE E BENESTAR
  • 12 de novembro. Factores de risco da demencia, con José Luis Rodríguez-Villamil Fernández
  • 13 de novembro. Que é o edadismo? Reflexionando para acadar unha sociedade inclusiva, con Raquel Veiga Seijo.
  • 19 de novembro. Augas termais e saúde, con Rosa Meijide Faílde. Entrega de diplomas.
  • 25 de novembro. Saída de campo con Rosa Meijide Faílde.

Con esta nova edición, a Universidade Sénior reitera o seu compromiso de atender ás inquedanzas e necesidades formativas das persoas maiores de Carballo, como vén facendo tamén noutras localidades e comarcas desde a primeira edición deste programa no ano 2018. 

Ligazóns

Compartir: