Inicio Carballo ao día Novas Nova incorporación ao equipo da...

Nova incorporación ao equipo da Policía Local

Xoves 10 de outubro do 2024

Carlos Nieto asinou o seu contrato na Alcaldía

Carlos Nieto asinou o seu contrato na Alcaldía

A Policía Local de Carballo amplía o seu equipo cunha nova incorporación. Carlos Nieto Gesto, que ata agora traballaba como axente no Concello de Teo, únese ao equipo carballés despois de acceder a unha das prazas convocadas polo sistema de mobilidade. O alcalde, Evencio Ferrero, e o secretario do Concello, Miguel Piñeiro, déronlle a benvida ao noso concello.

A semana que vén tamén tamén tomarán posesión Eduardo Castro Pardo, Daniel Mariño Rodríguez e Marta Suárez Castiñeiras, que se incorporaron á Policía Local a principios de ano como axentes en prácticas tras superara o proceso selectivo realizado a través da Academia Galega de Seguridade. Agora, tras completar a súa formación, empezarán a traballar xa como funcionarios.

Compartir: