Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello asina un convenio co IMSERSO e...

ACCESIBILIDADE

O Concello asina un convenio co IMSERSO e Fundación ONCE para executar un proxecto de obras de accesibilidade

Venres 22 de decembro do 2006

As obras para desenvolver teñen por obxecto a cooperación e integración das persoas con discapacidade, mediante a execución de obras que melloren a accesibilidade. A avaliación de calidade de execución destas obras levarase a cabo polo IMSERSO e pola Fundación ONCE no marco do Grupo de Evaluación creado dentro do Comité Técnico. A maior parte do orzamento previsto para o proxecto vaise financiar con fondos Feder, un total de 83.143,19 euros. A achega económica do Concello de Carballo será de 13.065,36 euros. As cantidades restantes correspóndense coa participación financeira do Imserso, un total de 14.253,12 euros, e da Fundación Once, de 8.314,32 euros.

Compartir: