CULTURA
O Nadal Cultural ofrece unha festa baile para os e as maiores do concello
Venres 22 de decembro do 2006
A Ludoteca municipal acolle hoxe venres, de 18.00 a 19.30 horas, a celebración dun obradoiro no que as nenas e os nenos poderán escribir a súa carta aos Reis Magos. Esta actividade terá continuidade os días 26 e 28 de decembro e 4 de xaneiro. Ademais, Papá Noel visitou pola mañá aos nenos do CRA Ponte da Pedra na Casa da Xuventude. Ademais, a partir das 20.00 horas celebraranse na igrexa parroquial San Xoán Bautista o pregón de Nadal e un recital de panxoliñas. Ademais dos festivais e bailes, o sábado tamén haberá Cine de Nadal, no baixo da igrexa de San Cristovo, a cargo da A AX Chiriminguai. A proxección terá lugar ás 17.30 horas. Os actos da fin de semana pecharanse o domingo coa Misa do Galo e a inauguración do Belén do Adro Parroquial, a partir das 20.00 horas na igrexa parroquial San Xoán Bautista.