Inicio Carballo ao día Novas Renovados despois de catro anos os...

Renovados despois de catro anos os vehículos de renting da Policía Local, que incorporan novas prestacións

Ademais de desfibriladores e mamparas, os novos coches están dotados de ponte de luces con mensaxes variables e cámara de lectura de matrículas

Xoves 26 de setembro do 2024

Despois dos catro anos estipulados no contrato, a empresa Grupivazgle vén de entregar ao Concello de Carballo dous novos vehículos de renting Seat Ateca para substituír aos anteriores.

Ademais do equipamento habitual co que contan os vehículos destinados a forzas e corpos de seguridade, e dos desfibriladores que xa traían os anteriores, os novos coches policiais incorporan unha ponte de luces con mensaxes variables (aviso de accidente, probas deportivas, control policial, etc) e unha cámara con sistema de lectura de matrículas que permitirá detectar, por exemplo, un turismo que circule sen seguro.

No acto de entrega dos novos vehículos participaron o alcalde, Evencio Ferrero; os concelleiros de Policía, Juan Seoane, e Contratación, Ramón Varela, e o xefe da Policía Local, Pedro Cancela.

Compartir: