INDUSTRIA
Prevista a publicación no DOG do estudo de impacto ambiental do Polígono Industrial
Xoves 21 de decembro do 2006
O Concello de Carballo, ademais, segue a agardar os informes favorables das empresas de subministro eléctrico, gas, telefonía e R para que a Xunta de Goberno Local poida proceder á aprobación do proxecto de parcelación da terceira fase do Polígono Industrial. Co desenvolvemento da terceira fase, o polígono pasará a ter unha superficie de 1.800.000 metros cadrados. O investimento total previsto para o desenvolvemento do Polígono Industrial, coa urbanización, movemento de terras e expropiación, ascende a 35 millóns de euros.