CULTURA
O Nadal Cultural achega a Carballo unha nova exposición e a presentación do libro ‘Crónicas de Carballo III’
Xoves 21 de decembro do 2006
A inauguración da exposición é unha das actividades incluidas na programación do Nadal Cultural do Concello de Carballo, ao igual que a presentación que tamén ten lugar este xoves, no Pazo da Cultura, do libro do historiador carballés Xan Fraga, Crónicas de Carballo III. Trátase da terceira entrega do traballo de recopilación fotográfica que realizou o autor estes últimos anos. O acto, organizado pola AC Lumieira, está aberto a todo o público e comezará ás 21,00 horas.
Máis actividades
O Nadal Cultural do Concello de Carballo tamén permitiu que, este xoves, Papá Noel visitara varias escolas unitarias da localidade, nun percorrido que continuará durante a xornada de mañán venres. No día de hoxe Papá Noel estivo presente nas escolas de Entrecruces, Ardaña, Praza-Sofán, Vilela e Oza. O venres, ás 10.30 horas, reunirase na Casa da Xuventude cos alumnos do colexio rural agrupado Ponte da Pedra.