Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello dispón de 50 entradas para...

DEPORTE

O Concello dispón de 50 entradas para asistir ao partido da Selección Galega de fútbol fronte a Ecuador

Xoves 21 de decembro do 2006

En caso de haber máis solicitudes ca entradas, procederase a un sorteo entre todos os que fixeran a solicitude formal. O sorteo celebraríase o día 27 de decembro, ás 17.00 horas, na Sala de Xuntas do Concello de Carballo. As entradas para sortear son de preferencia superior. É a segunda vez que o Concello de Carballo pon ao dispor da veciñanza entradas para acudir a un partido da Selección Galega, xa que o ano pasado repartira 40 para o debut da nosa selección fronte á de Uruguai, en San Lázaro. Nesta ocasión, e debido á baixa demanda rexistrada o ano pasado, non haberá servizo de autobuses.

Compartir: