OBRAS
Comezan as obras da rotonda da rúa do Sol
Mércores 20 de decembro do 2006
Até este momento prestaba o servizo, para a regulación do tráfico, unha rotonda temporal na confluencia das rúas Sol, Oriente, Santa Ana, Vila de Negreira e Milagrosa. O obxecto dos traballos recentemente iniciados é o de dotar á zona dunha nova rotonda, que permita alixerar o tráfico nun dos puntos de maior confluencia de vehículos da localidade, coincidindo coa entrada e saída á estrada de Santiago.