DEPORTE
Xunta e Concello destinan 500.000 euros para o cambio de céspede no campo de fútbol de As Eiroas
Mércores 20 de decembro do 2006
O céspede do campo de fútbol de As Eiroas presenta un mal estado na actualidade e faise preciso proceder ao seu cambio. O director xeral para o Deporte sinalou que o retraso na confirmación do cambio de céspede debeuse a que os planos de infraestruturas son cuatrienais e os orzamentos para o periodo 2002-2006 xa estaban comprometidos. A licitación para proceder á mellora farase en breve para que as obras poidan estar listas antes de que remate a tempada. O tempo de duración dos traballos estímase en, aproximadamente, dous meses. Santiago Domínguez aproveitou a súa estancia en Carballo para visitar a pista de xeo instalada no aparcamento do San Martiño.