Inicio Carballo ao día Avisos Ampla oferta da Escola de Idiomas para o curso...

MATRÍCULA ABERTA ATA O 20 DE SETEMBRO

Ampla oferta da Escola de Idiomas para o curso que vén, con alemán, inglés, francés e español para estranxeiros

Mércores 14 de agosto do 2024

A Escola Oficial de Idiomas (EOI), que ten a súa sede no Pazo da Cultura de Carballo, mantén aberto ata o 20 de setembroo prazo de matrícula para o curso que vén, no que impartirá unha ampla oferta formativa. Toma nota:

  • Alemán (A1 e B1.1)
  • Francés (A1, A1-A2, B1, B2.1, B2.2, C1.2)
  • Español para estranxeiros (A2 e B1)
  • Inglés (todos os niveis)
Ademais, para o curso que vén hai a posibilidade de matricularse en cursos de conversa en francés e inglés; expresión escrita en inglés, nivel C1, e nun monográfico de francés para hostalaría de nivel básico.

O proceso de matrícula realízase en liña, a través da web da EOI e sen necesidade de preinscrición. O prezo do curso completo para o alumnado que nunca estivo matriculado nunha EOI en Galicia é de 127 €, e 105 € para aquelas persoas que xa estiveron matriculadas nunha EOI con anterioridade. O prezo dos monográficos de curso completo é de 125€ para alumnado novo e 103€ para o alumnado antigo.

Para aquelas persoas con coñecementos previos da lingua na que desexan matriculares pero que non contan coa titulación que o acredite haberá probas de clasificación. Neste caso poden realizar a inscrición a partir do 28 de agosto.

Ligazóns

Compartir: