Plantadas 29 árbores en distintas rúas urbanas grazas ao proxecto PIMA para mitigar os efectos do cambio climático
Martes 30 de xullo do 2024
Carballo foi un dos vinte concellos galegos, e o único da Costa da Morte, beneficiario da liña de axudas convocada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático para o desenvolvemento do proxecto PIMA, destinado á realización de accións de mitigación e adaptación ao cambio climático (resolución publicada no DOG do 16 de novembro de 2023).
O Concello de Carballo optou por inserir superficies permeables e arborado nas franxas de aparcamento das rúas Perú (entre a rúa Pontevedra e a avenida de Razo), Enrique Sánchez, Avilés de Taramancos e Bos Aires (fronte á Biblioteca Municipal Rego da Balsa), nas que se substituíu o pavimento existente por zonas de celosía dotadas con cadansúa árbore: 29 en total, distribuídas do seguinte xeito:
- Rúa Enrique Sánchez: 3 exemplares de Betula alba (bidueiro branco)
- Rúa Perú: 9 de Prunus serrulata (cereixo xaponés)
- Rúa Bos Aires: 4 de Albizia julibrissin (árbore da seda)
- Rúa Perú: 9 de Albizia julibrissin
- Rúa Avilés de Taramancos: 4 de Betula alba