Inicio Carballo ao día Avisos Convocatoria de asignación de usos...

Convocatoria de asignación de usos instalacións deportivas municipais para a actividade física e deportiva de iniciativa privada co patrocinio municipal para a tempada 2024/2025

Luns 22 de xullo do 2024

O obxecto da presente convocatoria é a asignación de usos das instalacións deportivas municipais para o desenvolvemento de actividade física ou deportiva na modalidade (adestramentos, competicións e organización de eventos deportivos dentro das instalacións deportivas) para a tempada 2024/2025, ás entidades deportivas e/ou educativas sen ánimo de lucro do municipio de Carballo, xa sexan instalacións propias ou cedidas o seu uso fora do horario lectivo ao Concello de Carballo mediante un acordo de uso con outras administracións.

Debido a que no Concello de Carballo hai un número elevado de entidades deportivas que non dispoñen de instalacións para realizar os seus adestramentos, competicións ou eventos deportivos, a Concellaría de Deportes pretende, en base a unha solicitude previa, realizar unha repartición do uso das horas libres semanais nas ditas instalacións entre todas as entidades deportivas interesadas. Para iso utilizarase un procedemento de concorrencia competitiva.

O prazo de solicitude será de 10 días, contados a partir do 23 de xullo. Os detalles da convocatoria, no documento anexo.

Descargas

Compartir: