Peche da zona axardinada contigua á rúa Manuel María polas obras da ponte da Casilla
Xoves 18 de xullo do 2024
A empresa Copasa, contratada pola Xunta de Galicia para a execución do proxecto de reforma da ponte da Casilla, que forma parte do plan de prevención do risco de inundación nas beiras do Anllóns, anuncia que a partir de mañá venres procederase ao peche da zona axardinada contigua á rúa Manuel María, na que se vai actuar a partir da semana que vén.
Os traballos obrigan a retirar postes de luminarias, mobiliario urbano e o Xardín do Xestal, que serán almacenados ata o fin dos traballos para proceder posteriormente á súa reposición. Tamén se verán afectadas varias árbores de recente plantación, que serán trasladadas a outros espazos verdes.
A medida que avancen os traballos iranse comunicando por parte da empresa as medidas necesarias para a súa execución, que desde o Concello de Carballo trasladaremos á veciñanza.
Grazas pola colaboración.