Inicio Carballo ao día Avisos A Axencia Tributaria anuncia que o período...

A Axencia Tributaria anuncia que o período de cobranza dos recibos do IAE estará aberto do 16 de setembro ao 20 de novembro

Xoves 11 de xullo do 2024

A Axencia Tributaria anuncia que os recibos do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) correspondentes ao ano 2024, cando se trate de cotas nacionais ou provinciais, estarán ao cobro desde o 16 de setembro ata o 20 de novembro.

Tanto as cotas nacionais como as provinciais poderán pagarse a través das entidades colaboradoras (bancos, caixas de aforros e cooperativas de crédito), nas que non é preciso que a persoa contribuínte dispoña de conta aberta.

Tamén poderá realizarse o pago a través de Internet, na ligazón que figura de seguido.

Ligazóns

Compartir: