TRANSPORTE
A Xunta incluirá unha ruta Carballo-Coruña no servizo Noitebús Nadal
Martes 19 de decembro do 2006
Para os días 22, 23, 29, 30, 5 e 6 as saídas da Coruña, pasando por Laracha, serán ás 22,00 e 23,00 horas, co percorrido Estación de Ferrocarril, A Grela, Vilarrodís, Arteixo, Lañas Laracha e Carballo. Ás 22,30 e ás 00,00 horas o percorrido será Ventorrillo, Meicende, Pastoriza, Arteixo, Lañas, Laracha, Carballo. Ás 01,00 horas haberá un servizo Coruña-Laracha, que seguirá o percorrido Estación de Ferrocarril, A Grela, Villarrodis, Arteixo e Lañas. Para eses mesmos días, haberá servizos Carballo-A Coruña ás 22,00 e 23,00 horas, co precorrido Carballo, Laracha, Arteixo e A Coruña. De igual xeito, haberá dous servizos Carballo - Laracha ás 00,00 e 01,00 horas. Os servizos de regreso serán os seguintes: A Laracha-Coruña, por Lañas, Arteixo, Paztoriza e Meicende, ás 04,30 e 05,45 horas. A Laracha-Carballo ás 04,30 horas. A Laracha-Coruña, por Lañas, Arteixo e Villarrodís, ás 05,00 horas.
Estes servizos sufrirán un axuste para o día 31 de decembro, prestándose do seguinte xeito: A Coruña-Laracha-Carballo, por Estación de Ferrocarril, A Grela, Vilarrodís, Arteixo, Lañas Laracha e Carballo, ás 00,30 horas. A Coruña-Laracha-Carballo, por Ventorrillo, Meicende, Pastoriza, Arteixo, Lañas, Laracha, Carballo, ás 01,00 horas. A Coruña-Laracha, por Estación de Ferrocarril, A Grela, Villarrodis, Arteixo e Lañas, ás 01,30 horas. Carballo-Laracha-Arteixo-A Coruña, ás 00,30 horas. Carballo-Laracha, ás 01,30 horas. Laracha-Coruña, por Lañas, Arteixo, Paztoriza e Meicende, ás 06,00, 08,00 e 09,30 horas. Laracha-A Coruña, por Lañas, Arteixo e Villarrodís, ás 07,00 horas.
O prezo dos billetes para os usuarios deste servizo será de 1,50 euros durante toda a noite, é dicir, ida e volta, sendo financiado o resto do custo do mesmo pola administración autonómica.