CULTURA
O Nadal Cultural oferta moitas actividades para esta semana
Luns 18 de decembro do 2006
Ademáis, o Concello de Carballo organiza tamén un Festival de Nadal, con xogos e merenda, o sábado 23 a partir das 18,30 horas nos baixos da Igrexa de San Cristovo e unha Festa-Baile de Nadal para a Terceira Idade o mesmo día, a partir das 18,00 horas no Pazo da Cultura.
Outras das actividades previstas para esta semana son a celebración da IV Semana Solidaria da Emigración, na Igrexa Parroquial San Xoán Bautista, o Concurso de Murais de Nadal, a inauguración da exposición Granell en papel, que acollerá o Museo de Bergantiños desde o xoves 21 até o 14 de xaneiro, a presentación do libro Crónicas de Carballo III, o xoves 21 ás 21,00 horas no Pazo da Cultura, o Pregón de Nadal e Recital de Panxoliñas, o venres na Igrexa Parroquial San Xoán Bautista, e o Cine de Nadal, a celebrar o sábado ás 17,30 hras no baixo da Igrexa de San Cristovo.