Inicio Carballo ao día Hemeroteca A música, protagonista da primeira fin de...

CULTURA

A música, protagonista da primeira fin de semana do Nadal Cultural

Venres 15 de decembro do 2006

O sábado 16, a partir das 20,00 horas, terá lugar o Festival de Panxoliñas, no que participarán o Coro Amas de Casa, o Coro Vagalume e o Coro O Candil. A entrada tamén é libre e a actuación conta coa colaboración das Agrupacións Musicais de Carballo. O domingo 17, a partir das 20,00 horas, será o turno de Il Vecchio Borgo cun concerto de Nadal. Il Vecchio Borgo está formado por profesores instrumentistas das principais orquestras sinfónicas de Galicia e nace coa idea de poñer en cartel as principais obras do repertorio barroco que, pola súa celebridade e gran popularidade, resulta difícil de atopar nas programacións de salas e auditorios. Nesta actuación colabora o IGAEM e a entrada ao Pazo da Cultura tamén é libre.

Outras actividades

Ademáis dos concertos de múscia, a fin de semana contempla a realización doutras actividades dentro do programa do Nadal Cultural. Hoxe venres, a partir das 20,00 horas, o Casino de Carballo acolle unha conferencia sobre toponimia bergantiñá, a cargo de Manuel Vidal Torreira, organizada polo Instituto de Estudos Bergantiñáns. Ademáis, a Asociación Cultural O Candil e a parroquia d Sísamo montan un Belén na Capela de Santa Ana, que permanecerá no lugar até o 15 de xaneiro.

Compartir: