Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello presenta unha oferta variada para o...

CULTURA

O Concello presenta unha oferta variada para o Nadal Cultural

Xoves 14 de decembro do 2006

A confección dun Belén na Capela de Santa Ana, que permanecerá até o 15 de xaneiro, unha conferencia sobre Toponimia Bergantiñá, a cargo de Manuel Vidal, e unha actuación do Consorcio Vocal de Santiago abrirán os actos do Nadal Cultural este venres. A partir de entón, a música, festivais, concursos ou cine encherán de actos a localidade, coa culminación do programa coa Cabalgata de Reis e o Concerto de Nadal.

Nadalpequespectacular

O Nadal Cultural/i] ofrece tamén unha grande variedade de actividades para os nenos do concello. Baixo o nome de Nadalpequespectacular organizaranse obras de teatro, ademáis de espectáculos de danza, música e maxia. O certame fotográfico Xosé Manuel Eirís, o Clasicine na Ludoteca e a Pista de Xeo son outros dos atractivos dun extenso programa que, este ano, inclúe a Xabaxira Nadal 06 do Xabarín Club, a celebrar no Pazo da Cultura o mércores 3 de xaneiro, a partir das 18,00 horas. A entrada será gratuita, aínda que será necesaria invitación, ao igual que para a chocolatada que se celebrará na Ludoteca coincidindo co final das festas.

Reis Magos

A presentación do Nadal Cultural, celebrada no Pazo da Cultura, contou cun invitado especial, o embaixador dos Reis Magos en Galicia. Éste animou ao nenos a escribir a súa carta en galego. O modelo das mesmas pódese recoller en diferentes ubicacións da localidade, como a Ludoteca ou o Pazo da Cultura, e tamén pode descargarse nesta mesma páxina.

Compartir: