Aprobada a oferta de emprego público do Concello de Carballo para o 2024, cun total de 54 prazas
Luns 20 de maio do 2024
A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria deste luns a oferta de emprego público do Concello de Carballo para o ano 2024. A oferta inclúe un total de 54 prazas, que se distribúen do seguinte xeito: Persoal funcionario de carreira: 17 prazas
- 1 oficial de Policía Local (promoción interna)
- 3 axentes da Policía Local (mobilidade)
- 5 axentes da Policía Local (acceso libre)
- 1 técnico medio Oficina Técnica Municipal (promoción interna)
- 1 arquitecto técnico (libre)
- 5 administrativos (promoción interna)
- 1 técnico de información turística (acceso libre)
- 1 auxiliar de policía (acceso libre)
- 4 coordinadores socorristas para as praias (acceso libre)
- 28 socorristas para as praias (acceso libre)
- 1 profesor de trompa
- 1 profesor de violoncello
- 1 profesor de linguaxe musical
- 1 profesor de acordeón