Inicio Carballo ao día Hemeroteca A mesa de contratación propón ao...

URBANISMO

A mesa de contratación propón ao Pleno que declare deserto o concurso do aparcamento soterrado e reforma do mercado

Mércores 13 de decembro do 2006

O goberno municipal xa manifestara días atrás que os informes emitidos en torno á oferta reflexaban aspectos urbanísticos que non facían viable a actuación. A intención do Concello de Carballo, logo da celebración da mesa de contratación e posterior sesión plenaria, será o de elaborar un estudio comercial para determinar as dimensións do mercado e convocar un concurso de ideas urbanísticas. A mesa de contratación estivo composta polo alcalde de Carballo, os concelleiros de Facenda, Urbanismo e Comercio, un representante do grupo municipal do PP, o arquitecto municipal, a interventora, o secretario do Concello, un técnico da área de Urbanismo e un funcionario. Con voz, pero sen voto, participaron os delegados dos actuais concesionarios do mercado e do Centro Comercial Aberto.

Compartir: