Inicio Carballo ao día Novas Toma de posesión de 13 traballadores/as...

Toma de posesión de 13 traballadores/as municipais

No que vai de ano o Concello de Carballo procedeu á estabilización laboral dun total de 35 persoas

Mércores 1 de maio do 2024

Este martes tomaron posesión dos seus cargos un total de 13 traballadores e traballadoras municipais tras rematar os procesos selectivos correspondentes á Oferta de Emprego Público (OEP) 2022 Extraordinaria ou de Estabilización. No que vai de ano o Concello de Carballo procedeu á estabilización laboral dun total de 35 persoas.

Os nomeamentos desta semana corresponden aos seguintes postos: auxiliar de axuda no fogar (8 prazas), técnico de urbanismo, encargado de Protección Civil e oficial de Protección Civil (3 prazas).

No mes de febreiro cubríronse por este sistema postos de oficial de mantemento de instalacións deportivas, monitor socorrista (8), coordinador de actividades acuáticas, operario, oficial de mantemento de colexios, oficial tractorista, monitoras culturais (3), técnica auxiliar de patrimonio, delineante, técnica de aperturas da Oficina Técnica Municipal, coordinador de instalacións deportivas, técnico de deportes e arquitecta.

Neste momento están en marcha procesos de consolidación doutras prazas, polo que a cifra de persoal estabilizado incrementarase nos vindeiros meses.

Compartir: