Inicio Carballo ao día Avisos O Concello de Carballo poxa unha cámara...

O Concello de Carballo poxa unha cámara frigorífica do mercado municipal por carecer de uso

Xoves 25 de abril do 2024

O Concello de Carballo quere proceder o alleamento dunha cámara frigorífica situada no mercado municipal, tendo en conta que a cámara non é utilizada polos/as concesionarios/as dos postos, que poñela en marcha suporía un investimento elevado e que ocupa un espazo de máis de 20 metros cadrados que podería destinarse a outros usos.

As persoas interesadas poderán poxar pola cámara frigorífica. O prezo de saída é de 2.420 euros (IVE incluído), e o prazo para a presentación de ofertas rematará o 9 de maio. Todos os detalles están dispoñibles no perfil do contratante do Concello de Carballo, ao que pode accederse a través do portal web carballo.gal.

A cámara frigorífica ten unhas dimensións de 4.200x5.000x2.600 mm, e consta dunha unidade condensadora, dous evaporadores estáticos e refrixerante.

Ligazóns

Compartir: